martes, 26 de febrero de 2013

Xa se acerca TUI

Xa temos novas para o evento que imos a celebrar en Tui, novas categorías, a de “ENDUREIRO” onde a xente saíra sen cartón de tempos para dar o circuíto o seu ritmo as voltas que aguante, hasta un máximo de dúas,participara nas cronos, pero iso si deixando sempre pasar a cabeza da proba se esta o chega a coller, sen entorpecer, se fai as cronos aparecera no listado final dos tempos, pero esta categoría non ten premio.
Categoría de “CLASICAS” para motos matriculadas antes do ano 98, teñen que dar unha volta e unha pasada a crono.

En canto o evento que temos en Tui estase a ultimar todos os detalles para que volva ser un éxito, esperamos a participación de todos eses pilotos do sur que non foron a correr a Cedeira.

Subliñar o gran apoio popular que esta tendo a nosa humilde Liga dende todo tipo de ámbitos, non so no deportivo se non tamén en outros eidos como empresarial, onde sen ter que ver moito co mundo da moto queren apoiar a nosa iniciativa, veremos se podemos cristalizar algún apoio mais para a vosa Liga, non en vano a novas categorías nacen pola solicitude de participantes en Cedeira.
Cartel da proba de Tui.

1 comentario:

  1. BOA INICIATIVA APOYANDO ESTE DEPORTE,SIN POÑER TRABAS A XENTE PARA PARTICIPAR.

    ResponderEliminar