Temos a noticia como todos sabedes xa polos
foros de que temos que suspender temporalmente o evento que iamos a
desfrutar en Tui. Un cambio na normativa das controvertidas leis de
montes veñen decendo que para probas deportivas nos espazos naturais
ou forestais hai que pedir con mais de 90 días a autorización, un
feito que non tiñamos contemplado, posto que pensamos sempre que
seguía vixente a anterior lei do ano 2007.
Por
parte do organizador o MC Randufe, que intentou que se fixera o
evento por todos os medios legais e os que son menos, decidiu en
coordinación coa Liga non facer a carreira nesta data que tiña
asignada e cambiala para mais adiante cando se cumpra o prazo dos
permisos, estamos a barallar como data o 9 de Xuño, teredes cumprida
noticia por este medio e os habituais da Liga para informar.
Desde
a Liga temos que pedir perdón por non estar informados polo cambio
normativo da lei de montes, e dicir que todos os organizadores de
eventos que forman a Liga esta avisados de este cambio normativo para
que o mais rápido posible se soliciten os permisos para non ter que
aprazar outros eventos.
Dende
a Liga non vamos anular os eventos que temos programados a non ser
que así no lo pida o organizador, nosa intención e levar a cabo o
noso programa deportivo programado dentro da nosa asociación, se non
pode ser nas datas estipuladas inicialmente noutras que se axeiten
mais o que nos demanda a lexislación, os asociados os que
representamos ou os organismos, promotores que no lo soliciten.
Podedes ver neste enlace a carta do Motoclub coa exposición de motivos.
Todas
as persoas que fixeron o pago do evento de TUI, se queren cambiar o
ingreso para outra carreira, so teñen que enviar un correo a Liga
dicindo a que evento o queren pasar e xa facemos o cambio inmediato.
Pero
a Liga continua coa súa programación e o seguinte evento e o
SuperEnduro de Dagan no terreo que este MC dispón en Gondomar, onde
sobre un circuíto de MotoCross dispuxo un terreo de xogo perfecto
para un superenduro.
Poñémosvos
o enlace a súa paxina, onde tedes o formulario de inscripción e informacións sobre
esta carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario