domingo, 30 de junio de 2013

Informacions Meda

O recorrido non será duro, será accesible e moito bosque para non pasar calor. Se fai calor, intentaremos facer as verificacións en pouco tempo e como todo esta en las inmediacións do colexio sairemos un pouco antes e alargaremos a asistencia un pouco para que sea mas levadeira.
Os que coñecédela carreira doutros anos xa tendes unha referencia e para os demais dicir que é no colexio dos Milagros. A oficina o salón de actos as duchas e o parque pechado. as asistencias diante do colexio e a crono a trinta metros. Non necesitades desprazaraos e a asistencia é a sombra debaixo das arbores por si fai calor. O recorrido como sempre a tres controles. un na crono e o segundo moi folgado por pistas ata o comenzo do que é puramente o enduro que remata noutro ch. e deste outra vez por pista ata as asistencias folgado. Entre os dous Ch do monte esta o recorrido que esta vez será mais doado en previsión de que faga calor. temos bastante bosque e moita sombra no recorrido que comenza subindo a serra e a metade convertese en baixada. Divertido, no moi difícil, e un pouco de todo.
Traballamos coa posibilidade de un día cálido. A previsión é que non fará moito calor pero entorno os 25º. Pensado para que ninguén teña problemas por acabar. En el ch2 é adonde se pode penalizar pero tampouco estará apurado.



martes, 18 de junio de 2013

Enduro Meda

Arancamos de cara a cuarta proba deste ano no Concello de Baños de Molgas, quedan abertas as inscripcions. Iremos ampliando informacions a medida que nos vaian chegando.


lunes, 10 de junio de 2013

Tempos e Cronica de A Peroxa

Despois das expectativas e do medo que tiñamos creados con esta carreira, creemos que non defraudou a ninguén. Un éxito de participación con 173 inscritos, tomaron a saída 164 pilotos, dos cales acabaron 133, e a xulgar polas caras, aínda que cansas, ledos de rodar por unha das paraxes mais fermosas e con máis tradición endureira da Península Ibérica, fomos capaces de atraer xente de Asturias, do Bierzo, Salamanca e Madrid.

Amañeceu coa néboa, despois dunha noite de choiva máis ou menos intensa, o que proporcionounos unhas condicións espectaculares para rodar. O dia cuberto todo o tempo, sen choiva, o terreo mollado pero non empapado, así que non houbo nada de polvo e o firme perfecto para a moto.

No apartado organizativo destacar que debido as choivas da noite unhas das trialeiras que tiña Élite e que debía ser a máis dura, tivo que ser anulada posto que era imposible para a gran maioría. Do resto so pequenas incidencias típicas dun Enduro.

No deportivo destacar a vitoria de Dani Carracedo en Élite, aínda que esta vez o tivo máis difícil, posto que nalgunhas cronos foi vencido pola promesa de E1, César Sánchez García, que de seguir nesta liña pronto será unha realidade do Enduro a un gran nivel. Completaron o podio de Élite Quique Vega, segundo e Manuel Alvarez, terceiro. En E1 dominou César Sánchez e segundo Roberto Magariños e acompañou na terceira posición Luis Villasol.
En E2 Jorge Suárez o dominador das proba anteriores ve como a entrada de mais pilotos trae unha competencia mais alta e relégano a terceira posición do caixón. A segunda posición, para Oscar Barciela, un piloto de motocrós reconvertido a enduro, e na primeira posición o piloto con alcume Machacas.
Na categoría E3 parece que a loita preparase dura entre dous expilotos do MC  A Peroxa, Juan Caderno primeiro nesta proba e Fernando Sotelo dominador da anterior carreira en Neda, que foron acompañados por Raúl Bouzas Pais.
Como en E2 na categoría de Veteranos, trae moita competencia aínda que o dominador da carreira anterior Manuel Mellado séguese mantendo na primeira caixa do podio, acompañado por Gila Vazquez e no terceiro posto Daniel Garcia Blanco.
Subiron tamen o caixon o gran dominador das Clásicas, Pablo Díaz que dominou coa súa XR 400. E en femias, por fin temos unha muller na liga, Cristina Alen.

Destacamos tamén o gran número de eloxios que recibimos por esta carreira, sobre todo os que veñen de xente con moitos anos de Enduro de verdade, onde o primeiro estaban convencidos que viñan a unha carreira “pirata”, despois da carreira nos dixeron que a nosa organización esta á altura de moitas do campionato de España, sen nada que envexar: tres ambulancias, médico de carreira, xente por todos os lados para botar unha man...

Seguimos a sumar apoios, e nesta proba púidose ver unha gran cantidade de público de importancia, por parte dos nosos patrocinadores, así coma xente que anda buscando realizar un evento que lle aporten movemento de persoas para os seus intereses, a ver se pronto vemos materializado un evento por parte destas persoas, xa vos informaremos o seu debido tempo.

Pronto actualizaremos o calendario das probas.

Crono 1
Crono 2
Tramo 2
Crono 3
Tramo 3
Crono 4

Elite
E1
E2
E3
Veteranos

jueves, 6 de junio de 2013

Tempos para A Peroxa


 Horarios.

  • 8:00h a las 10:15h – Verificacións administrativas e técnicas.
  • 10:30h – Charla Técnica.
  • 11:00h – Saída do 1º participante.
  • 15:00h – Hora prevista de remate do 1º participante.(Feminas e Clasicas).
  • 16:30h – Entrega de Premios.
     
 Elite.

 E3, Veteranos, E1, E2.





Clasicas E Feminas.
 

Meteo para o fin de seman.

Volve o tempo do Enduro de verdade con un pouco de auga, asi refresca mais.