lunes, 18 de febrero de 2013

Cronica Cedeira Iº Enduro

Que nervios a primeira carreira para todos, aínda que xa temos no noso haber persoal algunhas carreiras, creo que ningunha nos causou tanto temor coma esta, a xente que monta a carreira era tamén a súa primeira vez que facían algo así, a incertidume de poder arrancar, etc.

O domingo día 17 en Cedeira, no norte da provincia da Coruña, celebrouse o “Iº Enduro Vila de Cedeira”, que ademais é o primeiro da Liga Galega, eventos que promocionan a moto de campo entre os seus asociados.

O día arrancou chuvioso nun privilexiado entorno onde se mistura o mar e o monte, pero isto non impediu os 118 pilotos a que tomaran la saída e se enfrontaran a un bon domingo de Enduro.

O recorrido sen ser excesivamente duro, foise complicando pola abundancia de chuvia a medida que avanzou o día, inundando o recorrido e complicándoo polas rodeiras. As partes mais técnicas estaban debaixo de dúas liñas de alta tensión: unha de subida e outra de baixada. Pese a todas estas dificultades os pilotos mostraron a sua satisfacción polo trazado do rally.

Sobre un circuíto de cross, a organización preparou a proba da crono como un verdadeiro circuíto de superenduro natural, con pasos técnicos en baixada e subida, troncos e pedras e variantes para os menos atrevidos. Foi onde mais publico se concentrou para ver os pilotos, que fixeron las delicias dos afeccionados, en especial o piloto local Paulo Diaz expiloto de motocross, que realizou unhas plegadas no aire impresionantes hasta romper o embrague da sua moto.

Na categoría Elite clasificouse en primeiro lugar Daniel Carracedo, piloto experimentado que correu probas do mundial, seguido de Roberto Álvarez Gestal e o piloto asturiano David Fernández Pérez del Rio.

A carreira discurriu sen incidentes dignos de reseñar. A pesar do mal tempo, que endureceu moitisimo a proba, conseguiron rematar 86 pilotos a quenes felicitamos xa que pasou de ser unha carreira disfrutona de aficionados a un verdadeiro enduro profesional.

Destacar e agradecer o gran apoio institucional que tiveron os organizadores tanto por parte do Concello de Cedeira, que aportaron permisos e xestiones institucionais moi importantes para a celebración de este evento así como al grupo de aficionados o enduro que en colaboración ca Liga Galega da Moto de Campo conseguiron levar a cabo esta iniciativa e o numeroso público que a pesar de la climatoloxía tamén asistiu.
As clasificacions provisionais tedelas neste enlace tamen podesde ver os tempos por volta na cronometrada. 

O xoves publicaremos as definitivas e as clasificacions xerales.

Xa estan aberta as inscripcions para a carreira de TUI, se xa asistiches a  carreira de Cedeira chega con enviar un mail cos seguintes datos dorsal, categoria, sequeredes facer algun cambio nese mesmo mail notificadeo. 






1 comentario: