Xa queda
menos, e vamos vendo a repercusión que vamos xenerando incluso fora
de Galicia, dous Blog de noticias de Enduro como befurious e
leonenduro, fanse eco do noso paso adiante na creación de eventos.
Vamos aclarar
temas moitos preguntades polos dorsais, nos proporcionamos os dorsais
en todas as carreiras, outra cousa e que alguén queira personalizar
a sua moto co dorsal que lle adxudicamos na liga.
Tempos,
despois de calculo de tempos quedan mais ou menos así para todas
categorías menos Elite, o tempo para a carreira será dunhas 4 horas
40 minutos, e para os de Elite de unhas 5 horas 20 minutos, arriba
abaixo. Desde a saída o primeiro CH teredes 1 hora 30 minutos,
despois baixaremos este tempo a 1 hora 25 minutos. Nos primeiros km
hai catro cruces e fanse por asfalto, así que prudencia sempre, nos
tempos están calculados para que en cada volta vos queden uns 10
minutos para asistencia, as cronos deberanvos levar entre 4 e 5
minutos.
Estamos
vendo que pregunta axente por aloxamentos en Cedeira e recomendamos o
hostal Chelsea, ven de prezo e dispón de apartamentos que se poden
compartir.
Se queredes
adiantar as verificacións administrativas mandade a liga copia da
vosa documentación ou encher este formulario.
Cartel definitivo da Prueba de Cedeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario