A xente
pregunta sobre o recorrido e queremos aclarar:
- Non podemos contestarvos por EnduroGalicia, por que non podemos abrir conta alí temos un problema que estamos a ver se solucionamos, pero non nos ten présa por que a nosa prioridade esta en ter todo organizado o 17 andamos a voltas con cousas moi importantes é necesarias para que esta carreira sea un éxito e as que veñan despois sea mais doado todo, como sempre os comenzos son o mais difícil.
- Outro problema para non poder informar correctamente do recorrido e que estamos a mais de 200 Km do lugar e descoñecemos o recorrido tanto coma vos.
A carreira
esta sendo levada a cabo por endureiros de Cedeira que non teñen un
motoclub, pero que están a facer unha gran labor con todo o traballo
que leva a organización dunha proba destas características, os que
algunha vez estiverades metidos nestas fariñas sabedes o pan que da
O recorrido
en palabras de eles:
1º
“O
recorrido e machacon todo en sendeiros e camiños con algo de pista.
O que ten son unhas baixadas curiosas desas que hai debaixo das
liñas do tendido eléctrico pero e de terra nada de escalons nin
cousas desas para facerse dano
Os tempos serán folgados dentro do que cabe, que non vas necesitar todo o dia para dar unha volta. E que ninguén se preocupe que e para pasalo ben e cada un que vaia o seu ritmo como si fose a unha ruta que e a maneira de disfrutar de andar na moto e cando chegue a crono pois hai que lle dea o que poida e listo.
Os Veteranos
e as categorias de E1,E2,E dan 2 voltas e Elite 3, o recorrido e
bonito sen trialeras onde acollonarte pensando si subiras ou non, e
todo de andar e andar e listo, hai algún tronquiño no monte tirado
que hai que pasarlle por encima e cousas así pero que o fas os
Domingos cando vas o monte . Tratase de que os afeccionados veñan e
despois volvan, non que digan "foder que chungo ... que dura....
era imposible subir por ali ..." esa non e a filosofía das
categorías amateurs. O que queira ir polas trialeiras e apretar un
pouco o tempo que saia en Elite, na variedade esta o gusto, que sales
nesta carreira en amateur e che parece moi doado pois na seguinte
carreira te apuntas a Elite, ou a inversa te apúntache en Elite e se
che fixo moito pois na seguinte cambias de categoira para as
amateurs”
2º
“O
recorrido que temos preparado é totalmente asequible para tódolos
niveis, dentro do que é loxicamente facer enduro.
O que
buscamos cando escollemos o trazado foi que todos os que se animen a
vir o pasen ben. Tanto coma a Liga en xeral, esta carreira está
pensada para o aficionado que non está afeito a correr e quere
probar a experiencia. De feito, non é moi diferente a calquera ruta
das que se organizan habitualmente.
Dentro do grupo de endureiros que somos aquí, hai xente de tódolos niveis, ben de case todos, porque de elite non temos. E calquera de nos xa fixo unha chea de veces esta ruta, uns a un ritmo e pelexando un pouco máis e outros con máis ritmo.
Dentro do grupo de endureiros que somos aquí, hai xente de tódolos niveis, ben de case todos, porque de elite non temos. E calquera de nos xa fixo unha chea de veces esta ruta, uns a un ritmo e pelexando un pouco máis e outros con máis ritmo.
As únicas zonas que teñen algo de dificultade son un par de liñas de baixada, pero sen escalóns nin cousas raras. Unha liña de subida que está reservada para a categoría Elite, que se segue o tempo así posiblemente non a metamos polos atascos que se poidan formar.
Despois hai
outra zona algo técnica con escalons pequenos en baixada e auga
correndo, moi chula, pero que che pode levar mais ou menos tempo
pasala en función da técnica que se teña. pero a pasa todo quisqui
sin ningún risco.
O resto son
camiños sinuosos, algúns con pequenos obstáculos, outros con pedra
e auga, liñas en pendente media de subida e baixada, tramos de
bastante auga, zonas un pouco mais rápidas, etc.
O sábado que ven darémoslle outra pasada ó tramo, que cos temporais que viñeron, non nos deu moita tregua.
O sábado que ven darémoslle outra pasada ó tramo, que cos temporais que viñeron, non nos deu moita tregua.
O tema das voltas e dos tempos, Elite dará tres voltas a un tramo duns 30 km cos tempos un pouco mais apretados e o resto das categorías dará dúas a ese mesmo tramo e unha pasada mais corta, duns 10 km, para poder facer tamén a terceira pasada á crono, con máis marxe de tempo para non ter que ir enroscado. O último que queremos é que se manque alguén ou que se pase a lume por algún enlace de camiños que cruza algunha carreteira e algunha casa.
Pero ante
todo, quero recalcar que o noso obxectivo é que a xente disfrute
pilotando, tanto o que ten menos nivel coma o que xa está mais
bregado."
Se alguen ten dubidas que non dude en plantealas ben no noso mail ou polo foro de EnduroGalicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario