Que ben o furor que esta levantar esta iniciativa que temos en marcha, dicir que gracias a ela os que agora queiran correr nos campionatos da federación o terán mais “levadeiro”, nace a categoria hobby, etc., o sexa que con isto xa se conseguiu algo positivo para o Enduro en Galicia.
Ben nos o noso primeira carreira en Cedeira, vila o norte da provincia da Coruña, enclavada nunha preciosa ria. Os organizadores da carreira téñenvos preparado un recorrido sobre o papel de 40 quilómetros con especiais incluídas, a especial nun antigo circuíto de motocros habilitado para facer unha cronometrada de enduro.
Un dos responsables di:”E o circuíto de cross pero vaise transformar en endurero, vai ter zoa de herba, aproveitamos algún dos saltos do circuíto e tamén vanse poñer zoas con paso de troncos, e vaise aproveitar o desnivel do circuíto para facer subidas e baixadas."
Estanse ultimando todos os detalles para que esta proba sea ademais do noso punto de partida un referente para nun futuro próximo repetir eventos de enduro na zona.
En canto as probas as próximas probas da LIGA e a súa continuación estamos a traballar en autofinanciación e patrocinadores, estamos en contacto con algúns que se ofreceron amablemente a apoiar o noso proxecto, coa mesma ilusión que estamos tratando nos de levalo adiante.
Fabricante de material para motos proporcionara material para sortear en cada carreira entre os participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario