lunes, 23 de diciembre de 2013

Renovando patrocinios

Nesta datas estamos a renovar os patrocinios cos nosos patrocinadores de cara o ano 2014, acabamos de firmar un importante  acordo coa firma Rodamoto que este xa nos prestou unha importante axuda o longo deste ano, e quere facer mais cousas con nos, pronto vos informaremos dos acordos que chegamos con eles, e dos que vos os pilotos os veredes beneficiados.

Grazas Rodamoto por confiar un ano mais en nos.


miércoles, 18 de diciembre de 2013

Calendario 2014

23 Febreiro -----------------------Chantada(LU)
23 Marzo---------------------------Tui (PO)
13 Abril ---------------------------- San Cibrao das Viñas (OU)
18 Maio --------------------------- Sober (LU)
  8 Xuño --------------------------- Cedeira (C)
  6 Xullo ---------------------------- Trevias (AS)

19 Outubro ----------------------- Pontecesures (PO)
16 Novembro -------------------- Motomeda
* ESTE ANO SE PODERÁ DECONTAR UN RESULTADO POLO QUE SE COLLERAN 7 RESULTADOS DAS 8 CARREIRAS

martes, 10 de diciembre de 2013

Cronica de Pol


Pese as dudas que xenerou esta carreira, podemos destacar que foi un exito rotundo, ainda que non se pudera desputar todo o recorrido coma o tiñamos previsto, debedes de entender que nas nosas carreiras ademais de permisos, prima a seguridade de pilotos que sodes os verdadeiros protagonistas dos nosos eventos.

O tramo debido a gran cantidade de xeo non foi practicable durante ningun momento da maña, a gran cantidade de sombras fixo que ademais suspenderase a pasada por el o ter un lesionado nunha pasada, nunca poremos en perigo a seguridade dos pilotos, e neste senso os responsabbles do tramo tiñan estrictas ordes de suspendelo se non melloraba o longo da maña, coma foi o caso.

Pese a todo a carreira contou cunha moi boa especial, longa, ancha e de mundial, zonas de quinta a fondo, e outras zonas tecnicas nas zonas escuras, que fixeron que as diferenzas fosen manifestas, non contamos con moita xente nesta especial e notouse nas zonas onde faltban cintas, pedir desculpas por estes fallos, alleos a Liga.

No eido deportivo, Dani Carracedo gañou tres das catro especiais sendo batido na ultma por Roman Perez, ainda que soamentes por 4 decimas de segundo. Quedando o podio de Elite formado por Dani Carracedo en primeira posicion, Roman Perez en segunda, e Jacobo Mendez en terceira posicion.

Na categoria de E1 el dominador fue Cesar Sanchez, que estubo entre los diez primeros en todas las cronos que disputo, fue seguido por Luis Villasol en segunda posicion y en tercera Roberto Magariños.

Na categoria E2 a mais concurrida das categorias casi 60 pilotos, o dominio foi como ultimamente nos ten acostumbrados de Efren Arce, que superou a Nicolas Varela con 58 segundos quedou en terceira posicion Alvaro Becerra.

Na igualdisima categoria de E3 onde tres pilotos estaban empatadosa puntos na xeral, a victoria de esta carreira foi para Pablo Torrado que non se xugaba nada, a segunda posicion para Juan Caderno, que consiguia asi ser o primeiro da categoria e en terceira posicion Miguel Alvarez del Rio.

Na categoria Veteranos Alberto Macias, que era a sua primeira carreira da Liga impuxose a Javier Suarez e a Alberto Castro cunha diferencia abultada de mais dun minuto trinta.

Nas categorias de Clasicas volveu a impoñerse Miguel Rodriguez o calro dominador das carreiras de esta especialidade como é Pablo Diaz.

Destacamos a presenza da xovencisima piloto femina Natalia Alonso Ares que correu por primeira vez unha carreira nosa, tamen comentar a presenza de seis endureiros que poderon desfrutar da carreira desde dentro.

O final procedimos a entrega de premios de todo o ano da LIGA, nesta seman poñeremosovos como quedaron as clasificacions finais.

jueves, 5 de diciembre de 2013

Tempo para POL

Horarios Carreira.

Verificacións : 8:15 a 10:15
Charla Técnica as 10:30
Saida dos primeiros participantes as 11:00.

Lembrade que o remate da carreira ademais da entrega de premios da carreira procederemos a entrega dos premios finais da Liga os mellores nas suas categorias, teran premio os cinco mellores de cada categoria. Ademais teremos un pulpeiro.

Tempos de Carreira.




As previsóns metereoloxicas para o fin de seman da carreira.




viernes, 29 de noviembre de 2013

Informacions POL

O recorrido da proba de Pol terá catro voltas para os Elite e tres para o resto das categorías, excepto clásicas e feminas que darán dúas voltas.
Unha crono que fará as delicias de todos, ancha rápida, con curvas redondas de gas, de mundial, un tramo que estará o lado da saída e das asistencias.
Dous Chs po volta, o monte divertido, sendeiro e sendeiro, cunha variante para Elite, todo moi concentrado.

Se podedes quedarvos, e nos comunicades o final da proba contaremos cun pulpeiro, pero necesitamos un numero mínimo de xente que queira, se nos podedes enviar un correo a liga para poder falalo co pulpeiro.

Disporemos o final da carreira dunha carpa onde faremos a entrega de premios final da Liga, aqueles que destacaron nas súas categorías, polo que nos gustaría contar con todos vos para render homenaxe a estes pilotos.

Na próxima sema vos informaremos mais sobre este acontecemento.


martes, 26 de noviembre de 2013

Hosteleria POL

O organizador da carreira en Pol, pasanos as seguintes recomendacións hosteleiras nas inmediacions de Pol.

MEIRA (12km aprox):
Hostal Pedreira: 982 33 02 81
Casa Cazoleiro: 982 33 03 31
Hostal Monterredondo: 982 33 02 17
 
CASTROVERDE (10km aprox):
Casa Longarela: 982 31 12 06
 
CASTRO RIBERAS DE LEA: (10km aprox)
Hostal Condor: 982 31 01 13
Hostal O meson de Castro: 982 31 00 17
 
NADELA: (25km aprox)
Casa Grande de Nadela: (982 30 59 15)
 
LUGO: (24km aprox)
Hotel Jorge I: (982 30 32 55)
Pension Brios: (982 24 14 08)

Aqui en Lugo capital a oferta e mais ampla xa cada un que se informe mellor lle conveña.

viernes, 15 de noviembre de 2013

Resolucions Xustiza

Temos as sentenzas do Valedor do Pobo e do Comite de Xustiza Deportiva de Galicia, onde se anulan o dos seguros medicos da federacion, asi como se di que por particpar nunha proba ou evento non federado os pilotos non poden ser sancionados pola federacion.

Valedor do POBO

Comite Galego de Xustiza Deportiva


A partir de agora  xa non se fai necesario a participacion baixo un alcume, asi que desde este momento toda persoa que queira correr na LIGA debera facelo baixo o seu nome orixinal.

jueves, 14 de noviembre de 2013

Enduro de POL

Ben xa vos podemos confirmar que o ultimo enduro deste ano 2013 o celebraremos na localidade Luguesa de Pol a uns 20 Kilometros de Lugo Capital, sera o dia 8 de Decembro domingo. Pronto vos poremos o cartel e toda a informacion que podamos.

Xa temos toda a maquinaria posta en marcha para levar a bon porto esta ultima carreira, onde se aclararan os postos que estan pendientes nas categorias mais disputadas.


domingo, 10 de noviembre de 2013

Manzaneda Tiempos e Cronica

Elite
E1
E2
E3
Veteranos
Feminas
Clasicas
Endureiros
Especial 1
Especial 2
Especial 3
Especial 4 (Solo Elite).

Éxito; falar de éxito dende a parte que esta metida na organización dunha proba parece que é votarse flores a un mesmo, pero nos dende a Liga medimos os éxitos nos seguintes parámetros, que non haia ningún mancado, que a proba transcorra sen ningún tipo de incidente grave que reseñar o circuíto ou que por mor de se atranque moito a carreira cambiala substancialmente e que xente quede descontenta, ou que a xente o chegar a meta critique duramente o evento, como se deron todos os condicionantes, todos quedades encantados do sitio, que ademais, portáronse moi ben con nos dende o primeiro momento que nos solicitaron a celebración da proba alí, en especial a súa directora que foi a persoa que fixo posible todo, grazas Monica, e o equipo de persoal da Estación de montaña de Manzaneda.

Tamén temos que ser críticos o mesmo tempo, e tedes que desculpar o atraso na celebración da entrega de premios, sabemos que rematar e marchar para casa é a vosa principal preferencia, pero por un problema informático non puídemos acelerar o proceso como nos gustaría, tamén o pequeno lio que se fixo cos cartóns de tempos, que o final non foi decisivo como se viu, o sábado o tempo era realmente malo, se amencia así o mais probable era que fixera falta aínda mais tempo para o recorrido, dicir que aínda que frío pois rozamos os 1800 metros de altitude, o dia foi moi bo, posto que non choveu nada e en ocasións luciu o sol.


No eido deportivo, na categoría de Elite onde Dani Carracedo viu ameazada a súa hexemonía por Daniel Mayan que se quedou a 27 centésimas de gañarlle, na terceira posición Jacobo Mendez, que lle faltou agarre na súa roda traseira, para poder seguir os outros dous mais preto.


Na categoría de E1 o dominador foi Cesar Sanchez que ante a usencia de Roberto Magariños parece o claro vencedor final da mesma, foi secundado no podio por Luis Villasol en segunda posición e Jesus Alonso que era a súa primeira carreira na Liga en terceira posición.





Na categoría E2 o vencedor da mesma foi claramente Efren Vazquez, que lle meteu 32 segundos a Oscar Alvarez segundo, e 40 a Jorge Suarez terceiro e o líder da categoria.


No E3 vaticinavase unha dura loita entre Alejandro Vieitez e Juan Caderno, os dominadores das ultimas carreiras e así foi, a non ser pola caida que tiña Juan sen consecuencias na terceira pasada da crono, quedando o Podio primeiro Alejandro, segundo Juan e terceiro Miguel Alvarez del Rio, destacar en esta categoría a tripla empate que se produce entre Juan Caderno, Miguel Alvarez e Fernando Sotelo dominador das primeiras carreiras e que por problemas de saúde no puido acudir as ultimas carreiras.
Na categoría de Veteranos Gila Vazquez dominou a carreira sen problemas impoñéndose a Santiago Lopez e a Daniel Blanco este ultimo líder da categoría e gañador da xeral da mesma.

Tamen tivemos coma sempre a presencia de Pablo Diaz que domina coa a súa XR 400 a categoría de clásicas, destacar a presenza de Cristina Alen que gañou en feminas ante ausencia das súas competidoras inscritas a ultima hora.

Dende a Liga tivemos tamén a participación de tres Endureiros, categoría esta de promoción total para aqueles pilotos que queren probar unha carreira dende dentro e ver o funcionamento da mesma sen presión, ideal para iniciarse.

Estamos a ultimar a posibilidade de facer unha ultima carreira antes de que peche o noso ano deportivo, coa ENDUROllada  de non ser posible, anunciariamos a entrega de premios finais da Liga na festa e as clasificacións rematarían como estarán dentro duns dias.

martes, 5 de noviembre de 2013

Manzaneda Espera

Temos pouca informacion sobre a carreira, por que a ultima hora conservacion fixo o organizador cambiar o recorrido, e resulta dificil atender a todo, marcar e por informacion sobre a carreira.
O que sabemos e que o recorrido é unha mezcla de cortafogos e pistas que vos faran disfrutar dun enduro de altura, non esquezades que estaremos a altos e o frio e unha constante nas zonas de montaña, non en balde habera unha diferencia de aproximadamente uns 8 grados coas poblacions de costa.
A prevision do tempo para o domingo e cuberto pero sen chuvia, o que sera de agradecer.
Os horarios de carreira sera como seguen:
8:00 a 10:30 verificacions Tecnicas e Administrativas.
11:00 Briefing.
11:30 Saida do primeiro participante.
15:30 Entrega de premios.




domingo, 27 de octubre de 2013

Clasificacións e Cronica Pontecesures TX Race.

Tiempos por Mangas


Manga 1
Manga 2
Manga 3
Manga 4
Manga 5 (Solo Elite)

Tiempos por categoria

Elite.
E1
E2
E3
Veteranos
Clasicas

O dia amenceu gris con ganas de chover e forte vento, a medida que pasou o dia gañou calor e non choveu nada o que fixo que estivera perfecto para andar polo monte e disfrutar da moto.


Se a isto unimos as moitas ganas que tiña a xente de disfrutar dun bo Enduro, podemos dicir que estamos ante o dia perfecto, os amigos de TX Race tiñannos un recorrido espectacular na súa zona, cunhas trialeiras espectaculares e unhas vistas dende o monte, mais que incribles da serra do Barbanza o fondo e a abaixo o rio Ulla.

Unha crono curta pero suficiente para marcar as diferencias que farían definir as posicións nas categorías, houbo no recorrido algunha perda, dalgún piloto e a medida que foi pasando o Enduro, retirouse do recorrido a ultima trialeira para facer un pouco mais doado o rali.

Non tivemos que lamentar ningunha incidencia destacable, soamente dicir que pola proximidade o centro do núcleo urbano agrupouse moita xente na zona da Crono.

No apartado deportivo destacar en Elite a vitoria de Dani Carracedo , seguido de Jesus Alonso, e e terceira posición Joaquin Rodriguez que viña de facer segundo na extrema de Lagares.

Categoría E1 destaca a superioridade de Cesar Sanchez que se impuxo con 15 segundos sobre Roberto Magariños (2º) e sobre Angel Conde terceiro con 36 segundos. Deixando esta categoria moi quente para o desenlace final.

Na categoría E2 a mais nutrida da Liga, entra con forza un Oscar Alvarez que ven de recuperarse dunha largo período de lesión que lle fixo perderse as primeiras probas da Liga, gañou con autoridade sendo seguido por Efren Arce e Alberto Vidal.

Na categoría E3 destaca sempre a presenza de Juan Caderno que se impuxo con autoridade onde o seu ritmo na crono non puido ser seguido por Pablo Torrado e Alejandro Vieitez, segundo e terceiro respectivamente.

Ganou a categoría dos Veteranos, Amado Alonso, seguido a distancia por Carlos Fraga e Ozores, sendo a diferencia entre estes dous últimos de escasa decima e algo de segundo,o que da idea do axustada que esta esta categoría en canto a disputa.

Na categoría da Clásicas destacar a presenza dun novo piloto Miguel Rodriguez, que lle gañou a Pablo Diaz, esta categoría esperamos pronto ver mais modelos competindo polo premio.

Destacar o bo facer do TX Race que co pouco que teñen (o segundo concello mais pequeno de Galicia) saben sacarlle moi bo xugo, para facer unha carreira perfecta.

viernes, 25 de octubre de 2013

Cambio Tempos Elite Pontecesures

Temos un cambio de ultima hora nos tempos de Elite o ter confirmacion de que asisten todos os pilotos.


Tempos Pontecesures





Lembrade o cambio de hora do sábado.
Poñomovos eiqui o orden de saida e os horarios.

Aclaramos que entre o CH1 e o CH2 farase a asistencia e a Crono, os ch2 non estan postos a entrada da crono, OLLO.




E o parte do tempo para o domingo, espectacular cuberto pero sen chuvia, a ver se cumpre.


lunes, 21 de octubre de 2013

Info de Pontecesures

Cómo Chegar

*Dende A Coruña (96 km) e Santiago (24 km)*
Chegase a Pontecesures pola A-9 (salida Padrón) e pola N-550 dirección Pontevedra.

*Dende Tui (84 km), Vigo (61 km) e Pontevedra (35 km) *
A-9 o N-550 dirección Santiago de Compostela.

*Dende Lugo (120 km)*
Sair dirección Ourense pola N-640, estrada que cruza ca N-547 e leva a Santiago. Dende Santiago continúase pola A-9 ou pola N-550 dirección Pontevedra hata chegar a Pontecesures.

*Dende Ourense (121 km)*
De Ourense a Santiago pola N-525 y dende alí a Pontecesures pola A-9 hata Padrón ou a N-550 dirección Pontevedra.

*Estación RENFE:*
Pontecesures : Conexión rexional regular con Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e A Coruña.

Onde Comer

CASA GÓMEZ
Redondo, 23   36640 PONTECESURES
Teléf. 986 557 112


CARABELA
San Lois, 28   36640 PONTECESURES
Teléf. 986 557 508


CHURRASCO O´CANDIL
Avenida dos Namorados, 29   36649 PONTECESURES
Teléf. 986 557 561


A REDONDA
Tarroeira, 1   36640 PONTECESURES
Teléf. 986 559 061


PIZZERÍA BAMBINO
Sagasta, 19 (Galerías)   36640 PONTECESURES
Teléf. 986 557 470


O CHOCO
Praza dos Valeiros, 4   36649 PONTECESURES
Teléf. 986 556 640


PARRILLADA O ABRENTE
Avda. de Arousa, 16   36640 PONTECESURES
Teléf. 986 557 327

O Entorno

Entre os lugares máis pintorescos para visitar están os miradoiros do Galiñeiro (de recente construción) e Piñeiro Manso; as ribeiras de San Pedro, o castro na finca de Acevedo e o barrio mariñeiro do Monte do Porto


jueves, 17 de octubre de 2013

Pontecesures agarda.




Volve o tempo de chuvia e con el de novo recomezan a ruxir as motos que levan todo o verán paradas. A xente de TX-Race nos teñen preparado un bonito recorrido polo mellor da súa zona, o ralli consta dun recorrido duns 30 Km. Con dous controles horarios, unha especial, o recorrido por algúns cortalumes e trialeiras fará as delicias de todos.




lunes, 7 de octubre de 2013

Espectacular Mesego

Este fin de sema disputamos en O Carballiño, o 1º Enduro Mesego Extremo, unha proba con formato de proba extrema como as mais famosas de Portugal a Extrema dos Lagares, o seu formato innovador en canto o motociclismo de campo deixou moi contentos a todos os participantes. O paraiso e inferno de Mesego creemos fixo as delicias de moitos amantes do mundo da moto.

A proba foi levada a cabo polo Motoclub Extremo Mesego, que fixo un despregue espectacular para controlar a carreira, e poder chegar a calquera incidente do recorrido na maior brevidade posible, planearon dous dias de carreiras, unha clasificatoria o sábado e a carreira propiamente dita o domingo, tendo en conta os tempos do sábado aplicouselles unhas penalizacións para os que quedaron detrás dos primeiros.

As modalidades de participación foron en individual ou en parellas, destacando estas ultimas polo espectacular de ver as parellas axudándose nalgúns obstáculos do paso, asi como a espera que moitas veces tiña que facer o primeiro da parella polo seu compañeiro que neste caso era o que marcaba o tempo de paso.

O sábado correuse unicamente no trazado habilitado no campo de fútbol de Pena Cobertoria onde nun circuíto mixto de pasos artificiais e outro natural de monte, os pilotos tardaban mais de 9 minutos en dar unha volta o recorrido.

Esta primeira manga deu para dar o orden de saída e clasificación para unhas mangas de espectáculo que se fixeron a continuación, nestas mangas correron os doce mellores pilotos quedando para a gran final soamente seis, nesta manga final o espectáculo foi máximo pola parte de adiante os adiantamentos e cambios de posición foron case constantes e por atras tamen para non quedar descolgados, na cabeza formouse un grupo de tres pilotos con Roman Perez, Dani Carracedo e Jacobo Mendez caendo estes da primeira a terceira posición e pasando a primeira durante as tres voltas que durou a manga, o final o vencedor seria Dani Carracedo, seguido de Roman Perez e continuación Jacobo Mendez.

A clasificacion do sabado foi como sigue Dani Carracedo 9:51, Roman Perez 9:54, Jacobo Mendez 10:15, en parellas Jose M. Ogando e Javier Rodriguez 12:40, Sergio Insunza e Felix Macias 13:29 Jose B. Candendo e Julio Gulin 13:30.
A maña do domingo brumosa fixo que o fresco o terreo estivera ben asentado e con agarre e tracción de abondo para facer unha carreira perfecta, a saída dos de individuais, que tiñan que dar tres voltas o recorrido, polo orden de clasificación fixo que Dani Carracedo e Roman Perez sairán xuntos, e Jacobo Mendez perdía un minuto con respecto a eles na saída, o remate da primeira volta Jacobo lles comía o minuto e lle metía a Dani catro mais, tendo que abandonar por problemas mecánicos Roman o que fixo que o triunfo da carreira quedara en mans dous. Dani Carracedo nada pudo facer posto que volta a volta Jacobo aumentou a sua diferencia a catro minutos mais

Quedando o  podio como segue 1º Jacobo Mendez 2:20:25, 2º Dani Carracedo 2:28:47, 3º Joaquin Rodriguez 2:57:11, 4º Manuel Alvarez Moran 3:24:08, 5º Adrian Lijo Santos 3:24:40.

Outro cantar foi nas parellas, soamente tiñan que dar dúas voltas o recorrido completo, o remate da primeira volta moitos decidiron abandonar, pese a ir ben clasificados, o ritmo imposto pola parella formada por Javi Quintas e Luis M. Antunes este segundo de Portugal, non foi posible de ser seguido  polos seus mais directos rivales a parella formada por Sergio Insunza e Felix Macias do concello de Puente de Domingo Florez, que ademais saian cun minuto de vantaxe pola penalizacións do sábado, quedando en terceira posicion Jorge Suarez e Brais Fernandez, en cuarta Miguel A. Alonso e Javier Rodriguez Chapela e en quinta Jose Daniel Rodriguez e Nuno Tabares que subiron o podio a recoller os seus trofeos, que foron entregados polo señor alcalde varios concelleiros.
A proba non tivo  nengun tipo de incidencias, grazas o gran despregue organizativo do Motoclub Mesego e colaboración coa Policía Municipal de O Carballiño e a protección Civil do concello, salientar a gran afluencia de publico nos pasos mais complicados.


Esperamos que o ano que ven volvan a plantexar outra proba tan espectacular coma esta.


martes, 1 de octubre de 2013

Comunicado da Liga Extrema Mesego

Comunicado da LIga en Aclaracion a participacion de pilotos soamente o Domingo.

Ante a solicitude por parte do organizador desta carreira (Extremo Mesego), que lle solicita a Liga que aclare o seguinte punto.

A decision de que se poda correr soamente o domingo é responsabilidade da Liga, o que quere decir que calquera controversia que poda xurdir por este feito sera responsabilidade unica e exclusivamente da Liga, a quen deberes dirixir as vosas reclamacions se por calquera cousa virades que polo feito de que alguen poda correr soamente o domingo vos perxudicou en algo.

Asi mismo deixaremos claro que se fara unha modificación o regulamento particular da proba para dar cabida a esta nova maneira de participación onde se pora en claro calquer aspecto que faga mais doado a compresion de esta nova maneira de participar.

Esperamosvos a todos en Mesego, O Carballiño.

viernes, 20 de septiembre de 2013

Suspension Carreira TUI, Adiante Mesego

Suspensión da carreira de TUI (podedes ver ou descargar a carta de anulación da carreira) é unha magoa pero esta zona en concreto esta situada nunha area considera de Alto Risco, o que fai que segundo estea o índice diario de incendio non se poda nin acceder o monte se non é por unha carreteira asfaltada, o seu permiso de medio rural así o determina. Vese que segun sea a zona depende do índice ou non posto que este ano en Maceda o permiso non poñía nada de isto e consultando coa consellería dixeron que se podía facer a carreira, o mesmo nos pasa en Mesego.

Este feito ábrenos un oco na programación deportiva que tiñamos pensado levar a cabo, o que fai que metamos no calendario unha nova proba que se celebrara na estación de Esquí de Manzaneda en Novembro, concretamente o dia 10, esta levarase a cabo coa colaboración de dous Motoclubs, o Maceda  e outro mais aínda por determinar.

Noutro intre de cousas seguimos adiante coa extrema de Mesego onde xa levan abertas as inscricións, sobre o terreo seguen a traballar para levar a cabo esta primeira proba deste tipo que se fará na nosa comunidade, pódese competir en parellas ou en individual.

As verificacións faranse no Café Bar Del Rio situado en Mesego, o sábado dia 5 entre as 15:00 e as 16:30. Este sábado  teremos unha etapa prologo para determinar o orden de saída do domingo e farase unha pequena carreira cos 8 mellores tempos, e efectuaremos unha entrega de premios pola noite.

O domingo carreira propiamente dita, saída as 10:00 e chegada sobre as 16:30, entrega de premios sobre as 18:00, coma sempre.

Podedes ver o enlace a Befurious que pon da carreira.


viernes, 6 de septiembre de 2013

Volta a Liga

Despois do parón do verán, volvemos  a carga con dúas carreiras moi xuntas, a primeira o dia 29 de Setembro e a segunda o dia 5 e 6 de Outubro. A primeira e a carreira de Tui que non lle deu tempo o  organizador de  tramitar os permisos o requirir 90 dias para elo e a segunda e unha carreira en formato extrema en Carballiño, organizada polo Mesego Extrem.

Para a primeira podedes anotarvos coma sempre, enviando correo a liga se xa estades inscritos ou polo formulario de inscrición dos xa inscritos ou se non estades inscritos incluíndovos no rexistro da Liga. Cando nos pase o organizador a informacion subiremola nun post novo.

Para a segunda carreira, soamente hai 80 prazas e pódese competir en parellas ou individual. O facer a inscrición se facedes en parella tedes que indicar en observacións con quen ides de parella, nesta carreira os dorsais adxudicase polo orden de inscrición, no caos de que alguén inscrito non faga o pago antes do dia 28 de setembro quedara sen a praza, e pasaran os da lista de espera.
Esta carreira non puntúa para a Liga, o non poder dar cabida a todos os pilotos que corren nela.
Podedes descargar o regulamento particular dende eiqui.


viernes, 9 de agosto de 2013

Tui de novo

Xa estamos a traballar para a próxima carreira da Liga en Tui, a que se suspendeu no mes de Marzo por haber excedido o prazo da solicitude de Montes.

Debedes saber que a Liga traballa sempre para ter todos os permisos en regra en non ter ningún incidente coas autoridades competentes, ademais de dispoñer sempre nas súas carreiras das ambulancias correspondentes, así coma de un medico de carreira, e os seguros que cubran a proba un de Responsabilidade Civil, e o outro de accidentes que pagades vos.

Xa temos abertas as inscricións da carreira posto que non vamos facer outra carreira antes de esta, así que iremos xa dando acollida as solicitudes de participación neste próximo evento noso.

Noutro orden de cousas seguimos a traballar para facer a Liga mais grande e o mellor firmamos algún acordo de colaboración cun patrocinador grande, disto teredes cumprida información en canto se materialice o tema.

Segue habendo persecución os pilotos que correron algunha carreira nosa e os directivos de motoclubs que participaron nelas, non entendemos como sancionan ademais a un moto club que non tivo nada que ver coa carreira que se disputou no seu terreo, como e o caso do MC A Peroxa, posto que eles están pola liña oficialista da federación nos para realización da proba contamos co apoio do concello e do grupo de BTT A Peroxa, ala eles.