Suspensión da carreira de TUI (podedes ver ou descargar a carta de anulación da carreira) é unha magoa pero esta zona en concreto esta situada nunha area considera de Alto Risco, o que fai que segundo estea o índice diario de incendio non se poda nin acceder o monte se non é por unha carreteira asfaltada, o seu permiso de medio rural así o determina. Vese que segun sea a zona depende do índice ou non posto que este ano en Maceda o permiso non poñía nada de isto e consultando coa consellería dixeron que se podía facer a carreira, o mesmo nos pasa en Mesego.
Este feito ábrenos un oco na programación deportiva que tiñamos pensado levar a cabo, o que fai que metamos no calendario unha nova proba que se celebrara na estación de Esquí de Manzaneda en Novembro, concretamente o dia 10, esta levarase a cabo coa colaboración de dous Motoclubs, o Maceda e outro mais aínda por determinar.
Noutro intre de cousas seguimos adiante coa extrema de Mesego onde xa levan abertas as inscricións, sobre o terreo seguen a traballar para levar a cabo esta primeira proba deste tipo que se fará na nosa comunidade, pódese competir en parellas ou en individual.
As verificacións faranse no Café Bar Del Rio situado en Mesego, o sábado dia 5 entre as 15:00 e as 16:30. Este sábado teremos unha etapa prologo para determinar o orden de saída do domingo e farase unha pequena carreira cos 8 mellores tempos, e efectuaremos unha entrega de premios pola noite.
O domingo carreira propiamente dita, saída as 10:00 e chegada sobre as 16:30, entrega de premios sobre as 18:00, coma sempre.
Podedes ver o enlace a Befurious que pon da carreira.

No hay comentarios:
Publicar un comentario