Despois do parón do verán, volvemos a carga con dúas carreiras moi xuntas, a primeira o dia 29 de Setembro e a segunda o dia 5 e 6 de Outubro. A primeira e a carreira de Tui que non lle deu tempo o organizador de tramitar os permisos o requirir 90 dias para elo e a segunda e unha carreira en formato extrema en Carballiño, organizada polo Mesego Extrem.
Para a primeira podedes anotarvos coma sempre, enviando correo a liga se xa estades inscritos ou polo formulario de inscrición dos xa inscritos ou se non estades inscritos incluíndovos no rexistro da Liga. Cando nos pase o organizador a informacion subiremola nun post novo.
Para a segunda carreira, soamente hai 80 prazas e pódese competir en parellas ou individual. O facer a inscrición se facedes en parella tedes que indicar en observacións con quen ides de parella, nesta carreira os dorsais adxudicase polo orden de inscrición, no caos de que alguén inscrito non faga o pago antes do dia 28 de setembro quedara sen a praza, e pasaran os da lista de espera.
Esta carreira non puntúa para a Liga, o non poder dar cabida a todos os pilotos que corren nela.
Podedes descargar o regulamento particular dende eiqui.
No hay comentarios:
Publicar un comentario