O recorrido da proba de Pol terá catro voltas para os Elite e tres para o resto das categorías, excepto clásicas e feminas que darán dúas voltas.
Unha crono que fará as delicias de todos, ancha rápida, con curvas redondas de gas, de mundial, un tramo que estará o lado da saída e das asistencias.
Dous Chs po volta, o monte divertido, sendeiro e sendeiro, cunha variante para Elite, todo moi concentrado.
Se podedes quedarvos, e nos comunicades o final da proba contaremos cun pulpeiro, pero necesitamos un numero mínimo de xente que queira, se nos podedes enviar un correo a liga para poder falalo co pulpeiro.
Disporemos o final da carreira dunha carpa onde faremos a entrega de premios final da Liga, aqueles que destacaron nas súas categorías, polo que nos gustaría contar con todos vos para render homenaxe a estes pilotos.
Na próxima sema vos informaremos mais sobre este acontecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario