E1
E2
E3
Veteranos
Feminas
Clasicas
Endureiros
Especial 1
Especial 2
Especial 3
Especial 4 (Solo Elite).
Éxito; falar de éxito dende a parte que esta metida na organización dunha proba parece que é votarse flores a un mesmo, pero nos dende a Liga medimos os éxitos nos seguintes parámetros, que non haia ningún mancado, que a proba transcorra sen ningún tipo de incidente grave que reseñar o circuíto ou que por mor de se atranque moito a carreira cambiala substancialmente e que xente quede descontenta, ou que a xente o chegar a meta critique duramente o evento, como se deron todos os condicionantes, todos quedades encantados do sitio, que ademais, portáronse moi ben con nos dende o primeiro momento que nos solicitaron a celebración da proba alí, en especial a súa directora que foi a persoa que fixo posible todo, grazas Monica, e o equipo de persoal da Estación de montaña de Manzaneda.
Tamén temos que ser críticos o mesmo tempo, e tedes que desculpar o atraso na celebración da entrega de premios, sabemos que rematar e marchar para casa é a vosa principal preferencia, pero por un problema informático non puídemos acelerar o proceso como nos gustaría, tamén o pequeno lio que se fixo cos cartóns de tempos, que o final non foi decisivo como se viu, o sábado o tempo era realmente malo, se amencia así o mais probable era que fixera falta aínda mais tempo para o recorrido, dicir que aínda que frío pois rozamos os 1800 metros de altitude, o dia foi moi bo, posto que non choveu nada e en ocasións luciu o sol.
No eido deportivo, na categoría de Elite onde Dani Carracedo viu ameazada a súa hexemonía por Daniel Mayan que se quedou a 27 centésimas de gañarlle, na terceira posición Jacobo Mendez, que lle faltou agarre na súa roda traseira, para poder seguir os outros dous mais preto.
Na categoría de E1 o dominador foi Cesar Sanchez que ante a usencia de Roberto Magariños parece o claro vencedor final da mesma, foi secundado no podio por Luis Villasol en segunda posición e Jesus Alonso que era a súa primeira carreira na Liga en terceira posición.
Na categoría E2 o vencedor da mesma foi claramente Efren Vazquez, que lle meteu 32 segundos a Oscar Alvarez segundo, e 40 a Jorge Suarez terceiro e o líder da categoria.
No E3 vaticinavase unha dura loita entre Alejandro Vieitez e Juan Caderno, os dominadores das ultimas carreiras e así foi, a non ser pola caida que tiña Juan sen consecuencias na terceira pasada da crono, quedando o Podio primeiro Alejandro, segundo Juan e terceiro Miguel Alvarez del Rio, destacar en esta categoría a tripla empate que se produce entre Juan Caderno, Miguel Alvarez e Fernando Sotelo dominador das primeiras carreiras e que por problemas de saúde no puido acudir as ultimas carreiras.
Na categoría de Veteranos Gila Vazquez dominou a carreira sen problemas impoñéndose a Santiago Lopez e a Daniel Blanco este ultimo líder da categoría e gañador da xeral da mesma.Tamen tivemos coma sempre a presencia de Pablo Diaz que domina coa a súa XR 400 a categoría de clásicas, destacar a presenza de Cristina Alen que gañou en feminas ante ausencia das súas competidoras inscritas a ultima hora.
Dende a Liga tivemos tamén a participación de tres Endureiros, categoría esta de promoción total para aqueles pilotos que queren probar unha carreira dende dentro e ver o funcionamento da mesma sen presión, ideal para iniciarse.
Estamos a ultimar a posibilidade de facer unha ultima carreira antes de que peche o noso ano deportivo, coa ENDUROllada de non ser posible, anunciariamos a entrega de premios finais da Liga na festa e as clasificacións rematarían como estarán dentro duns dias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario