domingo, 27 de octubre de 2013

Clasificacións e Cronica Pontecesures TX Race.

Tiempos por Mangas


Manga 1
Manga 2
Manga 3
Manga 4
Manga 5 (Solo Elite)

Tiempos por categoria

Elite.
E1
E2
E3
Veteranos
Clasicas

O dia amenceu gris con ganas de chover e forte vento, a medida que pasou o dia gañou calor e non choveu nada o que fixo que estivera perfecto para andar polo monte e disfrutar da moto.


Se a isto unimos as moitas ganas que tiña a xente de disfrutar dun bo Enduro, podemos dicir que estamos ante o dia perfecto, os amigos de TX Race tiñannos un recorrido espectacular na súa zona, cunhas trialeiras espectaculares e unhas vistas dende o monte, mais que incribles da serra do Barbanza o fondo e a abaixo o rio Ulla.

Unha crono curta pero suficiente para marcar as diferencias que farían definir as posicións nas categorías, houbo no recorrido algunha perda, dalgún piloto e a medida que foi pasando o Enduro, retirouse do recorrido a ultima trialeira para facer un pouco mais doado o rali.

Non tivemos que lamentar ningunha incidencia destacable, soamente dicir que pola proximidade o centro do núcleo urbano agrupouse moita xente na zona da Crono.

No apartado deportivo destacar en Elite a vitoria de Dani Carracedo , seguido de Jesus Alonso, e e terceira posición Joaquin Rodriguez que viña de facer segundo na extrema de Lagares.

Categoría E1 destaca a superioridade de Cesar Sanchez que se impuxo con 15 segundos sobre Roberto Magariños (2º) e sobre Angel Conde terceiro con 36 segundos. Deixando esta categoria moi quente para o desenlace final.

Na categoría E2 a mais nutrida da Liga, entra con forza un Oscar Alvarez que ven de recuperarse dunha largo período de lesión que lle fixo perderse as primeiras probas da Liga, gañou con autoridade sendo seguido por Efren Arce e Alberto Vidal.

Na categoría E3 destaca sempre a presenza de Juan Caderno que se impuxo con autoridade onde o seu ritmo na crono non puido ser seguido por Pablo Torrado e Alejandro Vieitez, segundo e terceiro respectivamente.

Ganou a categoría dos Veteranos, Amado Alonso, seguido a distancia por Carlos Fraga e Ozores, sendo a diferencia entre estes dous últimos de escasa decima e algo de segundo,o que da idea do axustada que esta esta categoría en canto a disputa.

Na categoría da Clásicas destacar a presenza dun novo piloto Miguel Rodriguez, que lle gañou a Pablo Diaz, esta categoría esperamos pronto ver mais modelos competindo polo premio.

Destacar o bo facer do TX Race que co pouco que teñen (o segundo concello mais pequeno de Galicia) saben sacarlle moi bo xugo, para facer unha carreira perfecta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario