A vila de
Neda acolleu esta fin de sema outro enduro espectacular e no que
tomaron a saída 131 pilotos. O evento desenrolouse sen incidentes,
gran acollida de publico nas especiais, bo tempo con chaparros pero
escampando rapidamente, un día de enduro espectacular, por que
ademais a segunda especial tiña unha fermosa vista da ria de Ferrol.
No apartado
deportivo destacar a vitoria en Elite de Dani Carracedo de Laxe, tras
tres voltas completas o recorrido sacándolle 10 segundos o seguinte
clasificado, na categoría E1 ocupou o mais alto do podio Roberto
Magariños, en E2 Jorge Suarez en E3, Fernando Sotelo e Manuel F.
Mellado e Pablo Diaz foron os primeiros en Veteranos e Clásicas
A innovación
de esta cita foi a inclusión da categoría de Endureiros, aqueles
pilotos que non desexan facer as cronos senón solo desfrutar dun
recorrido marcado e axustado a calquera capacidade, e as clásicas
para motos anteriores o ano 98 e pilotos con outra maneira de
entender o monte.
Ata Neda
acercáronse pilotos de toda a xeografía galega e de outras
comunidades autónomas, xa que a organización da Liga da moto de
Campo entende que esta especialidade ten que estar aberta, sen
limitar de ningunha maneira que os pilotos podan desfrutar da moto e
facer deporte no seu tempo libre, así como descubiri novas zonas e
as condicións especiais da xeografía galega.
Destacamos a
gran implicación de Neda e o seu grupo de afeccionados o Enduro pois
grazas a eles e o seu traballo desinteresado de preparación durante
meses e tamén durante o domingo pasado o desenrolo da proba foi
impecable. Agradecer tamén o interese mostrado polo Concello para
levar a preciosa ria de Ferrol, unha proba deportiva distinta que
cada día move a mais pilotos e afeccionados.
A próxima
sema informaremos puntualmente a todos os afeccionados como van as
xestións de cara aproxima cita do calendario da Liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario