martes, 16 de abril de 2013

Recorrido de Neda

O rally terá aproximadamente 37 km. por volta e percorrera case todo por sendeiros sen moita dificultade técnica pero si un pouco machacóns, evitando zonas perigosas, onde alguén se poida mancar.
Haberá un subida de pedras soltas que si pode ter un pouco de xogo, sobre todo na primeira pasada por aquelo de non coñecela (no primeiro tramo poñerase unha alternativa) e si vemos que hai moito atasco, na 2º volta pódese anular, agás para Elite.
Polo demais, intentaremos que sexa un rally fluído no que a xente desfrute e non sufra demasiado. Elite terá uns tempos máis apretados e unha trialeira exclusiva para eles. Haberá tres CH, un en cada especial e outro en medio do rally, varios controis de paso onde si seremos rigorosos, e quen os salte quedara inmediatamente desclasificado.
Os tempos van ser folgados, agás no control do rally que será un pouco mais xusto para que o monte conte algo pero nada que o faga perigoso. Tamén queremos avisar de antemán, que nas zonas onde poña PERIGO, hai que levantar o "gas" que por algo o pon. Estas zonas son primordialmente cerca de vivendas e cruces con pistas asfaltadas abertas ó tráfico. Nestas zonas vai haber xente da organización controlando que todos cumpran as normas e se alguén non fai caso delas apuntaran o seu dorsal e cando se chegue o próximo control desclasificalo.
En canto as especiais, vai haber dúas, unha tipo cross test, lisa, sen obstáculos importantes e bastante rápida e outra máis enduro test con obstáculos naturais tipo troncos, pedras, saltos pequenos (contaran con alternativa) e obstáculos naturais propios do terreo. Está ultima vai ter lugar nunha fermosa zona de Neda, con magnificas vistas a ría de Ferrol que onde tamén se vai situar a zona de asistencia. Está especial estara acondicionada para o publico e dispoñeremos dun chiringuito con bocatas, aperitivos e bebidas así como megafonía e musica ambiente para animar un pouco máis a cousa. 









 
O parque fechado e zona de verificacións, estarán no atrio da igrexa de Sta Maria de Neda a cal sen atopa moi preto da saída da autoestrada.

Estamos incluíndo novos patrocinadores a liga e ademais seguimos traballando en que as próximas carreiras poda ser operativas o cento por cento.




2 comentarios: