Despois da carreira de Neda, reunímonos e decidimos asegurar o calendario da Liga dando entrada a proba de A Peroxa e pasando a de Tui para unha data mais propicia dentro do calendario, aínda no temos data ben definida en canto se saiba o notificaremos.
Que contar de A Peroxa, quen non coñece este emblemático lugar do Enduro, un campionato do mundo, seis campionatos de España e non sei cantos de Galicia, resistencias, etc.
O organizador ten pensado deleitarnos cunha carreira de enduro case con dous recorridos diferentes para a categoría Elite, cunha serie de trialeiras esixentes e variantes fáciles para o resto de categorías, iremos dando mais información a medida que esta nos vaia chegando.
Xa podedes inscribiros, lembrai que se xa tedes dorsal chega con enviar un correo a Liga ou facelo polo formulario que vos creamos para elo.
Xa tedes as clasificacións postas despois da carreira de Neda, na paxina deste BLOG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario