Este fin de semana temos un Enduro do mellor do Norte de Portugal, a carón da nosa fronteira, organizado polo Melicia. Este lugar de larga tradición endureira, esta situado nun entorno privilexiado, tanto para os participantes coma para os espectadores.
Esta proba vale para o Trofeo Luso-Galaico e para a LIGA, as clasificacións faranse independentes para cada unha das organizacións. Para os que corredes a través da LIGA teredes a cobertura do seguro tamén en Portugal.
A xente non debe preocuparse polas nosos eventos, sempre de cumprimos a legalidade vixente, con todos os permisos e seguros que corresponden a unha manifestación deste tipo, tedes que entender que aínda así, as persoas que están rexendo os destinos deportivos non están de acordo que se podan realizar cousas tan magnificas sen a sua presenza, a nosa carreira de TUI podémola considerar dentro dos estándares do Enduro moderno coma unha carreira de 11 puntos sobre 10, é eso pode amolar a uns poucos.
Outras organizacións están en contacto connosco e a seguir o noso exemplo creando eventos deportivos a motor noutros ámbitos coma o automobilismo, onde estamos ilustrando coas nosas sentencias en contra dos organismos que rexen nestes ámbitos.
Información sobre Vilar de Mouros.
A Carreira vai funcionar da seguinte forma:
Parque Fechado / Paddock no Centro de Vilar de Mouros
Cordenadas - 41º53`12.34 N
8º47`19.66 O
A Enduro Teste é junto ao Paddock
En Vilar de Mouros haberá 3 cronos, Enduro Test, Cross Test e Extrem Test.
Horario será o seguinte para nos (para os portugueses e 1 hora menos)
Verificacions de 9 a 11:30 horas
Saida do primeiro as 13 horas
O Sabado se poderá verificar das 17 as 21 horas pero NON haberá parque pechado para deixar a moto.
Tempos por volta:
Clase Pró (Elite) 1h:45m por volta - 3 Voltas
Classes Expert/Open 1h:50m por volta - 3 voltas
Restantes Classes 2h:07m por volta - 2 voltas
Senhoras 2h:07m - 1 volta
No hay comentarios:
Publicar un comentario