Vendo que a baixa inscripción no evento pon o exito da mesma moi dificil, a LIGA coma responsable da convocatoria de pilotos asume a dificil tarea de aprazar a proba, sabendo o trastorno que esto pode ocasionar para o organizador asi coma para pouca xente que teña feito plans de vir para ese fin de semana.
Somos conscentes do gran traballo que estuvo a facer o Extremo Mesego para sacar adiante esta proba, na que leva currando mais de tres meses e leva tamen implicando a todas as forzas vivas de O Carballiño para o apoio do evento.
Dende a LIGA pedimos desculpas os afecionados, os pilotos e sobre todo os grandes currantes deste evento que é o Extremo Mesego, asegurando que faremos mais se cabe para que na data que busquemos, dentro de este ano, sexa un exito, facendo mais promocion e poñendo as cousas mais doadas os pilotos participantes.
Dende a LIGA queremos apostar por estes enduros diferentes, queremos que se consolide dentro do panorama nacional, por que aporta outra vision do mundo das motos que hasta agora en Galicia non había.
Cedeira.
Os amigos de Cedeira estan a traballar nunha segunda edicion do seu Enduro, xa levan tempo facendo o seu traballo, e este ano teñennos duas especiais e un rally mais longo, a cousa cambia un pouco con respecto o ano pasado, pero cos ingredentes basicos que tuveron.
Esta carreira para a LIGA e bastante especial posto que eiqui arrancou a nosa singladura,e hoxe xa esta constituida nunha realidade, onde os verdadeiros protagonistas sodes os pilotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario