Pedimos perdón por erros que se puideron cometer en Chantada pero como ven os advertimos o comenzo desa carreira era unha situación difícil polo elevado numero de pilotos e o curto do espazo que tiñamos para metervos, agradecemos a vosa compresión polo baixo numero de queixas que houbo o respecto.
Para aqueles que vos estrenastes na na LIGA, na carreira de Chantada, dicir que nas nosas carreiras vamos sempre carreira a carreira, os erros que podemos cometer nunha carreira tratamos sempre de melloralos para a seguinte, poñendo o empeño de que non sucedan de novo. Pola forma de traballar da LIGA pode que non se consiga, e iso sempre será un erro atribuíble a LIGA e nunca o organizador. Dicir tamén os que vides de fora de Galicia, que cada carreira e diferente, gracias a morfoloxía que ten o noso pais, temos un terreo moi especial para practica do Enduro, que fai de cada carreira totalmente distinta.
Arrancamos cara TUI, temos novas cousas que vos mostrar na LIGA que esperamos que vos gusten e sexan un éxito dentro dunhas semanas, o Motoclub Randufe esta a plantar unha carreira entretida e coa presencia de pilotos portugueses dentro do Trofeo Luso Galaico, ademais de ser o primeiro Enduro da Eurocidade TUI Valença.
O recorrido e largo pois temos que adaptalo para que sexa fluído para mais de 200 motos. Será de uns 45 km por volta coas especiais. O recorrido non ten grandes dificultades pero o ser largo e pesado.
Levará 2 horas mais ou menos cada volta. As categorías PRO darán 3 voltas o recorrido mentres as categorías Amaters darán 2.Especiais haberá 2 por volta e séguese traballando a posibilidade de meter unha 3ª especial a modo de Tramo Cronometrado.
Pero mais larga vai a ser a entrega de premios, onde se entregaran 60 trofeos en total. A entrega de premios a partir da carreira de Chantada que xa temos os tempos en ON LINE, a través da empresa que nos fai o cronometraxe TTCronometragens, os faremos segundo os tempos oficiosos da paxina web de eles cinco minutos despois de que o ultimo piloto de PRO aceda o parque pechado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario