viernes, 29 de noviembre de 2013

Informacions POL

O recorrido da proba de Pol terá catro voltas para os Elite e tres para o resto das categorías, excepto clásicas e feminas que darán dúas voltas.
Unha crono que fará as delicias de todos, ancha rápida, con curvas redondas de gas, de mundial, un tramo que estará o lado da saída e das asistencias.
Dous Chs po volta, o monte divertido, sendeiro e sendeiro, cunha variante para Elite, todo moi concentrado.

Se podedes quedarvos, e nos comunicades o final da proba contaremos cun pulpeiro, pero necesitamos un numero mínimo de xente que queira, se nos podedes enviar un correo a liga para poder falalo co pulpeiro.

Disporemos o final da carreira dunha carpa onde faremos a entrega de premios final da Liga, aqueles que destacaron nas súas categorías, polo que nos gustaría contar con todos vos para render homenaxe a estes pilotos.

Na próxima sema vos informaremos mais sobre este acontecemento.


martes, 26 de noviembre de 2013

Hosteleria POL

O organizador da carreira en Pol, pasanos as seguintes recomendacións hosteleiras nas inmediacions de Pol.

MEIRA (12km aprox):
Hostal Pedreira: 982 33 02 81
Casa Cazoleiro: 982 33 03 31
Hostal Monterredondo: 982 33 02 17
 
CASTROVERDE (10km aprox):
Casa Longarela: 982 31 12 06
 
CASTRO RIBERAS DE LEA: (10km aprox)
Hostal Condor: 982 31 01 13
Hostal O meson de Castro: 982 31 00 17
 
NADELA: (25km aprox)
Casa Grande de Nadela: (982 30 59 15)
 
LUGO: (24km aprox)
Hotel Jorge I: (982 30 32 55)
Pension Brios: (982 24 14 08)

Aqui en Lugo capital a oferta e mais ampla xa cada un que se informe mellor lle conveña.

viernes, 15 de noviembre de 2013

Resolucions Xustiza

Temos as sentenzas do Valedor do Pobo e do Comite de Xustiza Deportiva de Galicia, onde se anulan o dos seguros medicos da federacion, asi como se di que por particpar nunha proba ou evento non federado os pilotos non poden ser sancionados pola federacion.

Valedor do POBO

Comite Galego de Xustiza Deportiva


A partir de agora  xa non se fai necesario a participacion baixo un alcume, asi que desde este momento toda persoa que queira correr na LIGA debera facelo baixo o seu nome orixinal.

jueves, 14 de noviembre de 2013

Enduro de POL

Ben xa vos podemos confirmar que o ultimo enduro deste ano 2013 o celebraremos na localidade Luguesa de Pol a uns 20 Kilometros de Lugo Capital, sera o dia 8 de Decembro domingo. Pronto vos poremos o cartel e toda a informacion que podamos.

Xa temos toda a maquinaria posta en marcha para levar a bon porto esta ultima carreira, onde se aclararan os postos que estan pendientes nas categorias mais disputadas.


domingo, 10 de noviembre de 2013

Manzaneda Tiempos e Cronica

Elite
E1
E2
E3
Veteranos
Feminas
Clasicas
Endureiros
Especial 1
Especial 2
Especial 3
Especial 4 (Solo Elite).

Éxito; falar de éxito dende a parte que esta metida na organización dunha proba parece que é votarse flores a un mesmo, pero nos dende a Liga medimos os éxitos nos seguintes parámetros, que non haia ningún mancado, que a proba transcorra sen ningún tipo de incidente grave que reseñar o circuíto ou que por mor de se atranque moito a carreira cambiala substancialmente e que xente quede descontenta, ou que a xente o chegar a meta critique duramente o evento, como se deron todos os condicionantes, todos quedades encantados do sitio, que ademais, portáronse moi ben con nos dende o primeiro momento que nos solicitaron a celebración da proba alí, en especial a súa directora que foi a persoa que fixo posible todo, grazas Monica, e o equipo de persoal da Estación de montaña de Manzaneda.

Tamén temos que ser críticos o mesmo tempo, e tedes que desculpar o atraso na celebración da entrega de premios, sabemos que rematar e marchar para casa é a vosa principal preferencia, pero por un problema informático non puídemos acelerar o proceso como nos gustaría, tamén o pequeno lio que se fixo cos cartóns de tempos, que o final non foi decisivo como se viu, o sábado o tempo era realmente malo, se amencia así o mais probable era que fixera falta aínda mais tempo para o recorrido, dicir que aínda que frío pois rozamos os 1800 metros de altitude, o dia foi moi bo, posto que non choveu nada e en ocasións luciu o sol.


No eido deportivo, na categoría de Elite onde Dani Carracedo viu ameazada a súa hexemonía por Daniel Mayan que se quedou a 27 centésimas de gañarlle, na terceira posición Jacobo Mendez, que lle faltou agarre na súa roda traseira, para poder seguir os outros dous mais preto.


Na categoría de E1 o dominador foi Cesar Sanchez que ante a usencia de Roberto Magariños parece o claro vencedor final da mesma, foi secundado no podio por Luis Villasol en segunda posición e Jesus Alonso que era a súa primeira carreira na Liga en terceira posición.





Na categoría E2 o vencedor da mesma foi claramente Efren Vazquez, que lle meteu 32 segundos a Oscar Alvarez segundo, e 40 a Jorge Suarez terceiro e o líder da categoria.


No E3 vaticinavase unha dura loita entre Alejandro Vieitez e Juan Caderno, os dominadores das ultimas carreiras e así foi, a non ser pola caida que tiña Juan sen consecuencias na terceira pasada da crono, quedando o Podio primeiro Alejandro, segundo Juan e terceiro Miguel Alvarez del Rio, destacar en esta categoría a tripla empate que se produce entre Juan Caderno, Miguel Alvarez e Fernando Sotelo dominador das primeiras carreiras e que por problemas de saúde no puido acudir as ultimas carreiras.
Na categoría de Veteranos Gila Vazquez dominou a carreira sen problemas impoñéndose a Santiago Lopez e a Daniel Blanco este ultimo líder da categoría e gañador da xeral da mesma.

Tamen tivemos coma sempre a presencia de Pablo Diaz que domina coa a súa XR 400 a categoría de clásicas, destacar a presenza de Cristina Alen que gañou en feminas ante ausencia das súas competidoras inscritas a ultima hora.

Dende a Liga tivemos tamén a participación de tres Endureiros, categoría esta de promoción total para aqueles pilotos que queren probar unha carreira dende dentro e ver o funcionamento da mesma sen presión, ideal para iniciarse.

Estamos a ultimar a posibilidade de facer unha ultima carreira antes de que peche o noso ano deportivo, coa ENDUROllada  de non ser posible, anunciariamos a entrega de premios finais da Liga na festa e as clasificacións rematarían como estarán dentro duns dias.

martes, 5 de noviembre de 2013

Manzaneda Espera

Temos pouca informacion sobre a carreira, por que a ultima hora conservacion fixo o organizador cambiar o recorrido, e resulta dificil atender a todo, marcar e por informacion sobre a carreira.
O que sabemos e que o recorrido é unha mezcla de cortafogos e pistas que vos faran disfrutar dun enduro de altura, non esquezades que estaremos a altos e o frio e unha constante nas zonas de montaña, non en balde habera unha diferencia de aproximadamente uns 8 grados coas poblacions de costa.
A prevision do tempo para o domingo e cuberto pero sen chuvia, o que sera de agradecer.
Os horarios de carreira sera como seguen:
8:00 a 10:30 verificacions Tecnicas e Administrativas.
11:00 Briefing.
11:30 Saida do primeiro participante.
15:30 Entrega de premios.