viernes, 20 de septiembre de 2013

Suspension Carreira TUI, Adiante Mesego

Suspensión da carreira de TUI (podedes ver ou descargar a carta de anulación da carreira) é unha magoa pero esta zona en concreto esta situada nunha area considera de Alto Risco, o que fai que segundo estea o índice diario de incendio non se poda nin acceder o monte se non é por unha carreteira asfaltada, o seu permiso de medio rural así o determina. Vese que segun sea a zona depende do índice ou non posto que este ano en Maceda o permiso non poñía nada de isto e consultando coa consellería dixeron que se podía facer a carreira, o mesmo nos pasa en Mesego.

Este feito ábrenos un oco na programación deportiva que tiñamos pensado levar a cabo, o que fai que metamos no calendario unha nova proba que se celebrara na estación de Esquí de Manzaneda en Novembro, concretamente o dia 10, esta levarase a cabo coa colaboración de dous Motoclubs, o Maceda  e outro mais aínda por determinar.

Noutro intre de cousas seguimos adiante coa extrema de Mesego onde xa levan abertas as inscricións, sobre o terreo seguen a traballar para levar a cabo esta primeira proba deste tipo que se fará na nosa comunidade, pódese competir en parellas ou en individual.

As verificacións faranse no Café Bar Del Rio situado en Mesego, o sábado dia 5 entre as 15:00 e as 16:30. Este sábado  teremos unha etapa prologo para determinar o orden de saída do domingo e farase unha pequena carreira cos 8 mellores tempos, e efectuaremos unha entrega de premios pola noite.

O domingo carreira propiamente dita, saída as 10:00 e chegada sobre as 16:30, entrega de premios sobre as 18:00, coma sempre.

Podedes ver o enlace a Befurious que pon da carreira.


viernes, 6 de septiembre de 2013

Volta a Liga

Despois do parón do verán, volvemos  a carga con dúas carreiras moi xuntas, a primeira o dia 29 de Setembro e a segunda o dia 5 e 6 de Outubro. A primeira e a carreira de Tui que non lle deu tempo o  organizador de  tramitar os permisos o requirir 90 dias para elo e a segunda e unha carreira en formato extrema en Carballiño, organizada polo Mesego Extrem.

Para a primeira podedes anotarvos coma sempre, enviando correo a liga se xa estades inscritos ou polo formulario de inscrición dos xa inscritos ou se non estades inscritos incluíndovos no rexistro da Liga. Cando nos pase o organizador a informacion subiremola nun post novo.

Para a segunda carreira, soamente hai 80 prazas e pódese competir en parellas ou individual. O facer a inscrición se facedes en parella tedes que indicar en observacións con quen ides de parella, nesta carreira os dorsais adxudicase polo orden de inscrición, no caos de que alguén inscrito non faga o pago antes do dia 28 de setembro quedara sen a praza, e pasaran os da lista de espera.
Esta carreira non puntúa para a Liga, o non poder dar cabida a todos os pilotos que corren nela.
Podedes descargar o regulamento particular dende eiqui.