martes, 30 de abril de 2013

Cronica de Neda

A vila de Neda acolleu esta fin de sema outro enduro espectacular e no que tomaron a saída 131 pilotos. O evento desenrolouse sen incidentes, gran acollida de publico nas especiais, bo tempo con chaparros pero escampando rapidamente, un día de enduro espectacular, por que ademais a segunda especial tiña unha fermosa vista da ria de Ferrol.

No apartado deportivo destacar a vitoria en Elite de Dani Carracedo de Laxe, tras tres voltas completas o recorrido sacándolle 10 segundos o seguinte clasificado, na categoría E1 ocupou o mais alto do podio Roberto Magariños, en E2 Jorge Suarez en E3, Fernando Sotelo e Manuel F. Mellado e Pablo Diaz foron os primeiros en Veteranos e Clásicas
A innovación de esta cita foi a inclusión da categoría de Endureiros, aqueles pilotos que non desexan facer as cronos senón solo desfrutar dun recorrido marcado e axustado a calquera capacidade, e as clásicas para motos anteriores o ano 98 e pilotos con outra maneira de entender o monte.

Ata Neda acercáronse pilotos de toda a xeografía galega e de outras comunidades autónomas, xa que a organización da Liga da moto de Campo entende que esta especialidade ten que estar aberta, sen limitar de ningunha maneira que os pilotos podan desfrutar da moto e facer deporte no seu tempo libre, así como descubiri novas zonas e as condicións especiais da xeografía galega.

Destacamos a gran implicación de Neda e o seu grupo de afeccionados o Enduro pois grazas a eles e o seu traballo desinteresado de preparación durante meses e tamén durante o domingo pasado o desenrolo da proba foi impecable. Agradecer tamén o interese mostrado polo Concello para levar a preciosa ria de Ferrol, unha proba deportiva distinta que cada día move a mais pilotos e afeccionados.

A próxima sema informaremos puntualmente a todos os afeccionados como van as xestións de cara aproxima cita do calendario da Liga.

jueves, 25 de abril de 2013

Tempos para Neda

Aqui os poñemos os tempos para a carreira de Neda.
Elite

 E2
 E3 - Veteranos

E1

 Clasicas





E o tempo para o fin de seman sera o seguinte:








viernes, 19 de abril de 2013

Hosteleria en Neda


HOSTALES CARREIRA NEDA

HOSTAL KESINGTON (NARON) 981387326
HOSTAL MARAGOTO (NEDA) 981347304
HOSTAL CARBALLO (NARON) 981362557
HOSTAL ALLEGUE ( FENE) 981341224
HOSTAL MARCIAL (NARON) 981384417
HOTEL HUSA ODEON (NARON) 981372951
HOTEL CHIPS (NARON) 981330981

Estes aloxamentos estan todos preto de Neda, o que maís lonxe queda é a uns 5 km.

ONDE COMER
En Neda:
Cerveceria O Lagar (a 1 Km. Do parque fechado)
Meson O Fumazo (a 1,5 Km. Do parque fechado)
Restaurante O Carballo (a 6 Km. Do parque fechado)
Meson Boavista (a 2,5 Km. Do parque fechado)


En Fene:
Restaurante Mundial ( a 2,5 Km). Comese ben e é económico.

TOMAR UNHAS COPAS (para os que veñan sabado o venres)
En Neda:

Mesón Ourra (Avd do Xuvia)
Bar Rio (Avd. Algeciras)

En Narón:

Mesón O Pozo (2 Km. Do PC)

As verificacions imolas facer no Café-Bar O puente en Sta. Maria de Neda, pegado o parque fechado

martes, 16 de abril de 2013

Recorrido de Neda

O rally terá aproximadamente 37 km. por volta e percorrera case todo por sendeiros sen moita dificultade técnica pero si un pouco machacóns, evitando zonas perigosas, onde alguén se poida mancar.
Haberá un subida de pedras soltas que si pode ter un pouco de xogo, sobre todo na primeira pasada por aquelo de non coñecela (no primeiro tramo poñerase unha alternativa) e si vemos que hai moito atasco, na 2º volta pódese anular, agás para Elite.
Polo demais, intentaremos que sexa un rally fluído no que a xente desfrute e non sufra demasiado. Elite terá uns tempos máis apretados e unha trialeira exclusiva para eles. Haberá tres CH, un en cada especial e outro en medio do rally, varios controis de paso onde si seremos rigorosos, e quen os salte quedara inmediatamente desclasificado.
Os tempos van ser folgados, agás no control do rally que será un pouco mais xusto para que o monte conte algo pero nada que o faga perigoso. Tamén queremos avisar de antemán, que nas zonas onde poña PERIGO, hai que levantar o "gas" que por algo o pon. Estas zonas son primordialmente cerca de vivendas e cruces con pistas asfaltadas abertas ó tráfico. Nestas zonas vai haber xente da organización controlando que todos cumpran as normas e se alguén non fai caso delas apuntaran o seu dorsal e cando se chegue o próximo control desclasificalo.
En canto as especiais, vai haber dúas, unha tipo cross test, lisa, sen obstáculos importantes e bastante rápida e outra máis enduro test con obstáculos naturais tipo troncos, pedras, saltos pequenos (contaran con alternativa) e obstáculos naturais propios do terreo. Está ultima vai ter lugar nunha fermosa zona de Neda, con magnificas vistas a ría de Ferrol que onde tamén se vai situar a zona de asistencia. Está especial estara acondicionada para o publico e dispoñeremos dun chiringuito con bocatas, aperitivos e bebidas así como megafonía e musica ambiente para animar un pouco máis a cousa. 









 
O parque fechado e zona de verificacións, estarán no atrio da igrexa de Sta Maria de Neda a cal sen atopa moi preto da saída da autoestrada.

Estamos incluíndo novos patrocinadores a liga e ademais seguimos traballando en que as próximas carreiras poda ser operativas o cento por cento.




lunes, 1 de abril de 2013

Neda quenta motores

A xente de Neda esta ultimar os detalles da carreira, limpando camiños e demais, para que a súa carreira estea perfecta.

Noutro orden de cousas andamos a voltas, cos pilotos que correron connosco a carreira de Cedeira, e a Federación iniciou unha persecución, contra quenes aparecen na lista dos tempos de empresa que nos fai os cronos para nos, como sabemos que teñen tempo queremos darlle traballo, así desde agora podedes corre baixo pseudónimo, alias, alcume, etc., iso si primeiro debedes estar inscritos na liga oficialmente a través do formulario despois podedes enviar un correo dicindo claramente como queredes chamarvos e a partir de ai so nos saberemos o voso nome real.
Aqueles que xa tedes corrido con nos podedes enviar o correo, solicitar tamén un cambio de dorsal, para que non se correlacione o voso dorsal anterior co voso nome real.

Deixamovos unhas fotos das operacións de limpeza que están a levar os nosos amigos de Neda, esperamos que o tempo lles empece axudar un pouco mais estes días que faltan.