Arrancamos
o novo ano con mais ilusión se cabe que o ano pasado, vendo que a
xente que quere organizar un evento noso na súa terra, nos
transmiten esa forza, que nos fai a nos ir mais ala.
Estamos
traballando de cara dar un salto de calidade, vendo novas propostas
para todo, cronometraxe, seguros, CHS, etc. Queremos innovar dentro
do mundo do Enduro que creemos que quedou un pouco desfasado dos
novos medios que xa se usan noutras especialidades deportivas.
Non
estamos seguros de que todas as novidades estean preparadas para o
primeiro evento en Chantada, pero case seguro o longo do ano faremos
inclusión delas dentro da vosa LIGA.
Este
ano cambiamos as categorías da Liga dando un pouco de sintonía o
que se nos solicita pola vosa parte, un Trofeo para o mais maior
dentro de sénior, dúas categorías dentro de sénior e unha soa
dentro de veteranos. Tamén creamos Sub 21 para ver de enganchar as
novas xeracións neste deporte.
Abrimos
xa as inscrición de cara a nova tempada, este ano faremos un seguro
propio para os que queirades estar asegurados todo o ano, aínda así
os que teñades o ANPA o día poderedes participar igual nos eventos. Pronto poremos informacion de como facelo seguro con nos.
Este
ano temos novas respecto as tempadas pasadas, era ben que lle
votaredes un ollo o regulamento, coma norma enviaremos os datos de
motos e pilotos as xefaturas de trafico onde fagamos os eventos, e
non admitiremos a saída das persoas ou motos que se nos diga que non
cumpren coas normas, esta medida ven dada pola mala publicidade que
pode facer isto de cara os nosos eventos, esperamos que todo o mundo
o entenda, non podemos dar motivos o inimigo para que nos siga a
perseguir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario