domingo, 27 de octubre de 2013

Clasificacións e Cronica Pontecesures TX Race.

Tiempos por Mangas


Manga 1
Manga 2
Manga 3
Manga 4
Manga 5 (Solo Elite)

Tiempos por categoria

Elite.
E1
E2
E3
Veteranos
Clasicas

O dia amenceu gris con ganas de chover e forte vento, a medida que pasou o dia gañou calor e non choveu nada o que fixo que estivera perfecto para andar polo monte e disfrutar da moto.


Se a isto unimos as moitas ganas que tiña a xente de disfrutar dun bo Enduro, podemos dicir que estamos ante o dia perfecto, os amigos de TX Race tiñannos un recorrido espectacular na súa zona, cunhas trialeiras espectaculares e unhas vistas dende o monte, mais que incribles da serra do Barbanza o fondo e a abaixo o rio Ulla.

Unha crono curta pero suficiente para marcar as diferencias que farían definir as posicións nas categorías, houbo no recorrido algunha perda, dalgún piloto e a medida que foi pasando o Enduro, retirouse do recorrido a ultima trialeira para facer un pouco mais doado o rali.

Non tivemos que lamentar ningunha incidencia destacable, soamente dicir que pola proximidade o centro do núcleo urbano agrupouse moita xente na zona da Crono.

No apartado deportivo destacar en Elite a vitoria de Dani Carracedo , seguido de Jesus Alonso, e e terceira posición Joaquin Rodriguez que viña de facer segundo na extrema de Lagares.

Categoría E1 destaca a superioridade de Cesar Sanchez que se impuxo con 15 segundos sobre Roberto Magariños (2º) e sobre Angel Conde terceiro con 36 segundos. Deixando esta categoria moi quente para o desenlace final.

Na categoría E2 a mais nutrida da Liga, entra con forza un Oscar Alvarez que ven de recuperarse dunha largo período de lesión que lle fixo perderse as primeiras probas da Liga, gañou con autoridade sendo seguido por Efren Arce e Alberto Vidal.

Na categoría E3 destaca sempre a presenza de Juan Caderno que se impuxo con autoridade onde o seu ritmo na crono non puido ser seguido por Pablo Torrado e Alejandro Vieitez, segundo e terceiro respectivamente.

Ganou a categoría dos Veteranos, Amado Alonso, seguido a distancia por Carlos Fraga e Ozores, sendo a diferencia entre estes dous últimos de escasa decima e algo de segundo,o que da idea do axustada que esta esta categoría en canto a disputa.

Na categoría da Clásicas destacar a presenza dun novo piloto Miguel Rodriguez, que lle gañou a Pablo Diaz, esta categoría esperamos pronto ver mais modelos competindo polo premio.

Destacar o bo facer do TX Race que co pouco que teñen (o segundo concello mais pequeno de Galicia) saben sacarlle moi bo xugo, para facer unha carreira perfecta.

viernes, 25 de octubre de 2013

Cambio Tempos Elite Pontecesures

Temos un cambio de ultima hora nos tempos de Elite o ter confirmacion de que asisten todos os pilotos.


Tempos Pontecesures





Lembrade o cambio de hora do sábado.
Poñomovos eiqui o orden de saida e os horarios.

Aclaramos que entre o CH1 e o CH2 farase a asistencia e a Crono, os ch2 non estan postos a entrada da crono, OLLO.




E o parte do tempo para o domingo, espectacular cuberto pero sen chuvia, a ver se cumpre.


lunes, 21 de octubre de 2013

Info de Pontecesures

Cómo Chegar

*Dende A Coruña (96 km) e Santiago (24 km)*
Chegase a Pontecesures pola A-9 (salida Padrón) e pola N-550 dirección Pontevedra.

*Dende Tui (84 km), Vigo (61 km) e Pontevedra (35 km) *
A-9 o N-550 dirección Santiago de Compostela.

*Dende Lugo (120 km)*
Sair dirección Ourense pola N-640, estrada que cruza ca N-547 e leva a Santiago. Dende Santiago continúase pola A-9 ou pola N-550 dirección Pontevedra hata chegar a Pontecesures.

*Dende Ourense (121 km)*
De Ourense a Santiago pola N-525 y dende alí a Pontecesures pola A-9 hata Padrón ou a N-550 dirección Pontevedra.

*Estación RENFE:*
Pontecesures : Conexión rexional regular con Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e A Coruña.

Onde Comer

CASA GÓMEZ
Redondo, 23   36640 PONTECESURES
Teléf. 986 557 112


CARABELA
San Lois, 28   36640 PONTECESURES
Teléf. 986 557 508


CHURRASCO O´CANDIL
Avenida dos Namorados, 29   36649 PONTECESURES
Teléf. 986 557 561


A REDONDA
Tarroeira, 1   36640 PONTECESURES
Teléf. 986 559 061


PIZZERÍA BAMBINO
Sagasta, 19 (Galerías)   36640 PONTECESURES
Teléf. 986 557 470


O CHOCO
Praza dos Valeiros, 4   36649 PONTECESURES
Teléf. 986 556 640


PARRILLADA O ABRENTE
Avda. de Arousa, 16   36640 PONTECESURES
Teléf. 986 557 327

O Entorno

Entre os lugares máis pintorescos para visitar están os miradoiros do Galiñeiro (de recente construción) e Piñeiro Manso; as ribeiras de San Pedro, o castro na finca de Acevedo e o barrio mariñeiro do Monte do Porto


jueves, 17 de octubre de 2013

Pontecesures agarda.




Volve o tempo de chuvia e con el de novo recomezan a ruxir as motos que levan todo o verán paradas. A xente de TX-Race nos teñen preparado un bonito recorrido polo mellor da súa zona, o ralli consta dun recorrido duns 30 Km. Con dous controles horarios, unha especial, o recorrido por algúns cortalumes e trialeiras fará as delicias de todos.




lunes, 7 de octubre de 2013

Espectacular Mesego

Este fin de sema disputamos en O Carballiño, o 1º Enduro Mesego Extremo, unha proba con formato de proba extrema como as mais famosas de Portugal a Extrema dos Lagares, o seu formato innovador en canto o motociclismo de campo deixou moi contentos a todos os participantes. O paraiso e inferno de Mesego creemos fixo as delicias de moitos amantes do mundo da moto.

A proba foi levada a cabo polo Motoclub Extremo Mesego, que fixo un despregue espectacular para controlar a carreira, e poder chegar a calquera incidente do recorrido na maior brevidade posible, planearon dous dias de carreiras, unha clasificatoria o sábado e a carreira propiamente dita o domingo, tendo en conta os tempos do sábado aplicouselles unhas penalizacións para os que quedaron detrás dos primeiros.

As modalidades de participación foron en individual ou en parellas, destacando estas ultimas polo espectacular de ver as parellas axudándose nalgúns obstáculos do paso, asi como a espera que moitas veces tiña que facer o primeiro da parella polo seu compañeiro que neste caso era o que marcaba o tempo de paso.

O sábado correuse unicamente no trazado habilitado no campo de fútbol de Pena Cobertoria onde nun circuíto mixto de pasos artificiais e outro natural de monte, os pilotos tardaban mais de 9 minutos en dar unha volta o recorrido.

Esta primeira manga deu para dar o orden de saída e clasificación para unhas mangas de espectáculo que se fixeron a continuación, nestas mangas correron os doce mellores pilotos quedando para a gran final soamente seis, nesta manga final o espectáculo foi máximo pola parte de adiante os adiantamentos e cambios de posición foron case constantes e por atras tamen para non quedar descolgados, na cabeza formouse un grupo de tres pilotos con Roman Perez, Dani Carracedo e Jacobo Mendez caendo estes da primeira a terceira posición e pasando a primeira durante as tres voltas que durou a manga, o final o vencedor seria Dani Carracedo, seguido de Roman Perez e continuación Jacobo Mendez.

A clasificacion do sabado foi como sigue Dani Carracedo 9:51, Roman Perez 9:54, Jacobo Mendez 10:15, en parellas Jose M. Ogando e Javier Rodriguez 12:40, Sergio Insunza e Felix Macias 13:29 Jose B. Candendo e Julio Gulin 13:30.
A maña do domingo brumosa fixo que o fresco o terreo estivera ben asentado e con agarre e tracción de abondo para facer unha carreira perfecta, a saída dos de individuais, que tiñan que dar tres voltas o recorrido, polo orden de clasificación fixo que Dani Carracedo e Roman Perez sairán xuntos, e Jacobo Mendez perdía un minuto con respecto a eles na saída, o remate da primeira volta Jacobo lles comía o minuto e lle metía a Dani catro mais, tendo que abandonar por problemas mecánicos Roman o que fixo que o triunfo da carreira quedara en mans dous. Dani Carracedo nada pudo facer posto que volta a volta Jacobo aumentou a sua diferencia a catro minutos mais

Quedando o  podio como segue 1º Jacobo Mendez 2:20:25, 2º Dani Carracedo 2:28:47, 3º Joaquin Rodriguez 2:57:11, 4º Manuel Alvarez Moran 3:24:08, 5º Adrian Lijo Santos 3:24:40.

Outro cantar foi nas parellas, soamente tiñan que dar dúas voltas o recorrido completo, o remate da primeira volta moitos decidiron abandonar, pese a ir ben clasificados, o ritmo imposto pola parella formada por Javi Quintas e Luis M. Antunes este segundo de Portugal, non foi posible de ser seguido  polos seus mais directos rivales a parella formada por Sergio Insunza e Felix Macias do concello de Puente de Domingo Florez, que ademais saian cun minuto de vantaxe pola penalizacións do sábado, quedando en terceira posicion Jorge Suarez e Brais Fernandez, en cuarta Miguel A. Alonso e Javier Rodriguez Chapela e en quinta Jose Daniel Rodriguez e Nuno Tabares que subiron o podio a recoller os seus trofeos, que foron entregados polo señor alcalde varios concelleiros.
A proba non tivo  nengun tipo de incidencias, grazas o gran despregue organizativo do Motoclub Mesego e colaboración coa Policía Municipal de O Carballiño e a protección Civil do concello, salientar a gran afluencia de publico nos pasos mais complicados.


Esperamos que o ano que ven volvan a plantexar outra proba tan espectacular coma esta.


martes, 1 de octubre de 2013

Comunicado da Liga Extrema Mesego

Comunicado da LIga en Aclaracion a participacion de pilotos soamente o Domingo.

Ante a solicitude por parte do organizador desta carreira (Extremo Mesego), que lle solicita a Liga que aclare o seguinte punto.

A decision de que se poda correr soamente o domingo é responsabilidade da Liga, o que quere decir que calquera controversia que poda xurdir por este feito sera responsabilidade unica e exclusivamente da Liga, a quen deberes dirixir as vosas reclamacions se por calquera cousa virades que polo feito de que alguen poda correr soamente o domingo vos perxudicou en algo.

Asi mismo deixaremos claro que se fara unha modificación o regulamento particular da proba para dar cabida a esta nova maneira de participación onde se pora en claro calquer aspecto que faga mais doado a compresion de esta nova maneira de participar.

Esperamosvos a todos en Mesego, O Carballiño.