miércoles, 20 de marzo de 2013

Proxima parada Neda

 
Este mes quedounos un pouco desanxelado por non ter que suspender a carreira de Tui, pero as cousas dende a Liga querémolas facer ben e non atopar no ultimo momento con todos os pilotos para saír.

Este fin de seman temos o SuperEnduro de Dagan en Gondomar, onde sobre un circuíto de motocross púxose un espectacular recorrido de Enduro, onde se disputaran mangas clasificatorias e finais.

Xa estamos a ultimar ca xente de Neda unha nova carreira a novidade que vai a ter dúas especiais estamos traballando para ultimar todos os permisos e non ter dificultades con eles.
Un recorrido de 36 kilometros onde os de Elite daran tres voltas, o resto de categorias duas. Recordarvos que estrenamos categorias nesta carreira Endureiro e a de clasicas motos anteriores o ano 98. Queremos veros a todos outra vez.  
Abrimos pois as Inscripcions, recordaros que se xa estades inscritospodedes enviar un correo ou usar o formulario que creamos novo para esto.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Aplazamento TUI

Temos a noticia como todos sabedes xa polos foros de que temos que suspender temporalmente o evento que iamos a desfrutar en Tui. Un cambio na normativa das controvertidas leis de montes veñen decendo que para probas deportivas nos espazos naturais ou forestais hai que pedir con mais de 90 días a autorización, un feito que non tiñamos contemplado, posto que pensamos sempre que seguía vixente a anterior lei do ano 2007.

Por parte do organizador o MC Randufe, que intentou que se fixera o evento por todos os medios legais e os que son menos, decidiu en coordinación coa Liga non facer a carreira nesta data que tiña asignada e cambiala para mais adiante cando se cumpra o prazo dos permisos, estamos a barallar como data o 9 de Xuño, teredes cumprida noticia por este medio e os habituais da Liga para informar.
Desde a Liga temos que pedir perdón por non estar informados polo cambio normativo da lei de montes, e dicir que todos os organizadores de eventos que forman a Liga esta avisados de este cambio normativo para que o mais rápido posible se soliciten os permisos para non ter que aprazar outros eventos.

Dende a Liga non vamos anular os eventos que temos programados a non ser que así no lo pida o organizador, nosa intención e levar a cabo o noso programa deportivo programado dentro da nosa asociación, se non pode ser nas datas estipuladas inicialmente noutras que se axeiten mais o que nos demanda a lexislación, os asociados os que representamos ou os organismos, promotores que no lo soliciten.

Podedes ver neste enlace a carta do Motoclub coa exposición de motivos.


Todas as persoas que fixeron o pago do evento de TUI, se queren cambiar o ingreso para outra carreira, so teñen que enviar un correo a Liga dicindo a que evento o queren pasar e xa facemos o cambio inmediato.

 
Pero a Liga continua coa súa programación e o seguinte evento e o SuperEnduro de Dagan no terreo que este MC dispón en Gondomar, onde sobre un circuíto de MotoCross dispuxo un terreo de xogo perfecto para un superenduro.

Poñémosvos o enlace a súa paxina, onde tedes o formulario de inscripción e informacións sobre esta carreira.