Despois dun evento do mais espectacular coma foi o de TUI, que moitos recordaredes polo bo sabor de boca que vos deixou volvemos a plantexar o noso calendario dando continuidade os eventos.
Ben sabedes que a LIGA funciona evento a evento, mellorando sempre a anterior, pero TUI puxo o listón moi alto, posto que a súa organización fíxonos un evento de 11, aínda que algúns queiran desvestilo e arrastralo polo chan, a verdade e que o MC Randufe nos puxo a cousa moi difícil de superar.
É un defecto que temos so sabemos facer eventos, o outro pode estar na casa sen nada que facer, pero nos temos que poñernos as pilas e facer de cada evento o mellor.
Como ben poderedes comprobar pola prensa o evento deu moito que falar a xente allea totalmente o mundo do enduro, en xeral xente que non entende nin sequera o simple feito de que unha información ten que ser contrastada pola outra parte, posto que senón cada un fala de como lle foi na feira, e oficialmente nunca fomos preguntados por ninguén, suponse que lendo as opinións nos foros ou no Facebook de algúns de nos xa esta todo dito, pois a nosa postura oficial e outra diametralmente oposta a todo o que se poda pensar, para algo somos galegos.
Nos o noso, xa o di o dito “zapatero a tus ...” moito vos dariades de conta que os nosos eventos de este ano xa non son como ano pasado queixemos dar un salto de calidade e grazas a vos o estamos logrando, non soamente no numero de pilotos o cal nos pon as cousas difíciles, senón tamén co numero de cronos e os recorridos, aínda queiramos meter mais innovacións pero o continuo ataque, polos que non entenden que isto xa mudou a mellor, fai que algunhas cousas se atrasen un pouco mais, a ver se podemos o longo de esta dura tempada.
Para este mes que entra empezamos con dous eventos, unha carreira para devolverlle a visita os amigos portugueses e outro en Sober.
O amigo Melicia esta a traballar na zona de Vilar de Mouros a escasos 20 minutos da fronteira para facer unha carreira o estilo mais endureiro, e os amigos do RadiKal Sober están a prepararnos un recorrido espectacular nunha zona onde nunca chegou un enduro, o cal será para moitos de vos unha verdadeira sorpresa este evento.