Debedes saber que a Liga traballa sempre para ter todos os permisos en regra en non ter ningún incidente coas autoridades competentes, ademais de dispoñer sempre nas súas carreiras das ambulancias correspondentes, así coma de un medico de carreira, e os seguros que cubran a proba un de Responsabilidade Civil, e o outro de accidentes que pagades vos.
Xa temos abertas as inscricións da carreira posto que non vamos facer outra carreira antes de esta, así que iremos xa dando acollida as solicitudes de participación neste próximo evento noso.
Noutro orden de cousas seguimos a traballar para facer a Liga mais grande e o mellor firmamos algún acordo de colaboración cun patrocinador grande, disto teredes cumprida información en canto se materialice o tema.
Segue habendo persecución os pilotos que correron algunha carreira nosa e os directivos de motoclubs que participaron nelas, non entendemos como sancionan ademais a un moto club que non tivo nada que ver coa carreira que se disputou no seu terreo, como e o caso do MC A Peroxa, posto que eles están pola liña oficialista da federación nos para realización da proba contamos co apoio do concello e do grupo de BTT A Peroxa, ala eles.