Este fin de sema disputamos en O Carballiño, o 1º Enduro Mesego Extremo, unha proba con formato de proba extrema como as mais famosas de Portugal a Extrema dos Lagares, o seu formato innovador en canto o motociclismo de campo deixou moi contentos a todos os participantes. O paraiso e inferno de Mesego creemos fixo as delicias de moitos amantes do mundo da moto.
A proba foi levada a cabo polo Motoclub Extremo Mesego, que fixo un despregue espectacular para controlar a carreira, e poder chegar a calquera incidente do recorrido na maior brevidade posible, planearon dous dias de carreiras, unha clasificatoria o sábado e a carreira propiamente dita o domingo, tendo en conta os tempos do sábado aplicouselles unhas penalizacións para os que quedaron detrás dos primeiros.
As modalidades de participación foron en individual ou en parellas, destacando estas ultimas polo espectacular de ver as parellas axudándose nalgúns obstáculos do paso, asi como a espera que moitas veces tiña que facer o primeiro da parella polo seu compañeiro que neste caso era o que marcaba o tempo de paso.
O sábado correuse unicamente no trazado habilitado no campo de fútbol de Pena Cobertoria onde nun circuíto mixto de pasos artificiais e outro natural de monte, os pilotos tardaban mais de 9 minutos en dar unha volta o recorrido.
Esta primeira manga deu para dar o orden de saída e clasificación para unhas mangas de espectáculo que se fixeron a continuación, nestas mangas correron os doce mellores pilotos quedando para a gran final soamente seis, nesta manga final o espectáculo foi máximo pola parte de adiante os adiantamentos e cambios de posición foron case constantes e por atras tamen para non quedar descolgados, na cabeza formouse un grupo de tres pilotos con Roman Perez, Dani Carracedo e Jacobo Mendez caendo estes da primeira a terceira posición e pasando a primeira durante as tres voltas que durou a manga, o final o vencedor seria Dani Carracedo, seguido de Roman Perez e continuación Jacobo Mendez.
A clasificacion do sabado foi como sigue Dani Carracedo 9:51, Roman Perez 9:54, Jacobo Mendez 10:15, en parellas Jose M. Ogando e Javier Rodriguez 12:40, Sergio Insunza e Felix Macias 13:29 Jose B. Candendo e Julio Gulin 13:30.
A maña do domingo brumosa fixo que o fresco o terreo estivera ben asentado e con agarre e tracción de abondo para facer unha carreira perfecta, a saída dos de individuais, que tiñan que dar tres voltas o recorrido, polo orden de clasificación fixo que Dani Carracedo e Roman Perez sairán xuntos, e Jacobo Mendez perdía un minuto con respecto a eles na saída, o remate da primeira volta Jacobo lles comía o minuto e lle metía a Dani catro mais, tendo que abandonar por problemas mecánicos Roman o que fixo que o triunfo da carreira quedara en mans dous. Dani Carracedo nada pudo facer posto que volta a volta Jacobo aumentou a sua diferencia a catro minutos mais
Quedando o podio como segue 1º Jacobo Mendez 2:20:25, 2º Dani Carracedo 2:28:47, 3º Joaquin Rodriguez 2:57:11, 4º Manuel Alvarez Moran 3:24:08, 5º Adrian Lijo Santos 3:24:40.
Outro cantar foi nas parellas, soamente tiñan que dar dúas voltas o recorrido completo, o remate da primeira volta moitos decidiron abandonar, pese a ir ben clasificados, o ritmo imposto pola parella formada por Javi Quintas e Luis M. Antunes este segundo de Portugal, non foi posible de ser seguido polos seus mais directos rivales a parella formada por Sergio Insunza e Felix Macias do concello de Puente de Domingo Florez, que ademais saian cun minuto de vantaxe pola penalizacións do sábado, quedando en terceira posicion Jorge Suarez e Brais Fernandez, en cuarta Miguel A. Alonso e Javier Rodriguez Chapela e en quinta Jose Daniel Rodriguez e Nuno Tabares que subiron o podio a recoller os seus trofeos, que foron entregados polo señor alcalde varios concelleiros.
A proba non tivo nengun tipo de incidencias, grazas o gran despregue organizativo do Motoclub Mesego e colaboración coa Policía Municipal de O Carballiño e a protección Civil do concello, salientar a gran afluencia de publico nos pasos mais complicados.
Esperamos que o ano que ven volvan a plantexar outra proba tan espectacular coma esta.
Blog que trata de informar sobre esta liga a os aficionados a moto de campo que se celebra en Galicia.
lunes, 7 de octubre de 2013
miércoles, 2 de octubre de 2013
martes, 1 de octubre de 2013
Comunicado da Liga Extrema Mesego
Comunicado da LIga en Aclaracion a participacion de pilotos soamente o Domingo.
Ante a solicitude por parte do organizador desta carreira (Extremo Mesego), que lle solicita a Liga que aclare o seguinte punto.
A decision de que se poda correr soamente o domingo é responsabilidade da Liga, o que quere decir que calquera controversia que poda xurdir por este feito sera responsabilidade unica e exclusivamente da Liga, a quen deberes dirixir as vosas reclamacions se por calquera cousa virades que polo feito de que alguen poda correr soamente o domingo vos perxudicou en algo.
Asi mismo deixaremos claro que se fara unha modificación o regulamento particular da proba para dar cabida a esta nova maneira de participación onde se pora en claro calquer aspecto que faga mais doado a compresion de esta nova maneira de participar.
Esperamosvos a todos en Mesego, O Carballiño.
viernes, 20 de septiembre de 2013
Suspension Carreira TUI, Adiante Mesego
Suspensión da carreira de TUI (podedes ver ou descargar a carta de anulación da carreira) é unha magoa pero esta zona en concreto esta situada nunha area considera de Alto Risco, o que fai que segundo estea o índice diario de incendio non se poda nin acceder o monte se non é por unha carreteira asfaltada, o seu permiso de medio rural así o determina. Vese que segun sea a zona depende do índice ou non posto que este ano en Maceda o permiso non poñía nada de isto e consultando coa consellería dixeron que se podía facer a carreira, o mesmo nos pasa en Mesego.
Este feito ábrenos un oco na programación deportiva que tiñamos pensado levar a cabo, o que fai que metamos no calendario unha nova proba que se celebrara na estación de Esquí de Manzaneda en Novembro, concretamente o dia 10, esta levarase a cabo coa colaboración de dous Motoclubs, o Maceda e outro mais aínda por determinar.
Noutro intre de cousas seguimos adiante coa extrema de Mesego onde xa levan abertas as inscricións, sobre o terreo seguen a traballar para levar a cabo esta primeira proba deste tipo que se fará na nosa comunidade, pódese competir en parellas ou en individual.
As verificacións faranse no Café Bar Del Rio situado en Mesego, o sábado dia 5 entre as 15:00 e as 16:30. Este sábado teremos unha etapa prologo para determinar o orden de saída do domingo e farase unha pequena carreira cos 8 mellores tempos, e efectuaremos unha entrega de premios pola noite.
O domingo carreira propiamente dita, saída as 10:00 e chegada sobre as 16:30, entrega de premios sobre as 18:00, coma sempre.
Podedes ver o enlace a Befurious que pon da carreira.
Este feito ábrenos un oco na programación deportiva que tiñamos pensado levar a cabo, o que fai que metamos no calendario unha nova proba que se celebrara na estación de Esquí de Manzaneda en Novembro, concretamente o dia 10, esta levarase a cabo coa colaboración de dous Motoclubs, o Maceda e outro mais aínda por determinar.
Noutro intre de cousas seguimos adiante coa extrema de Mesego onde xa levan abertas as inscricións, sobre o terreo seguen a traballar para levar a cabo esta primeira proba deste tipo que se fará na nosa comunidade, pódese competir en parellas ou en individual.
As verificacións faranse no Café Bar Del Rio situado en Mesego, o sábado dia 5 entre as 15:00 e as 16:30. Este sábado teremos unha etapa prologo para determinar o orden de saída do domingo e farase unha pequena carreira cos 8 mellores tempos, e efectuaremos unha entrega de premios pola noite.
O domingo carreira propiamente dita, saída as 10:00 e chegada sobre as 16:30, entrega de premios sobre as 18:00, coma sempre.
Podedes ver o enlace a Befurious que pon da carreira.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



