viernes, 6 de septiembre de 2013

Volta a Liga

Despois do parón do verán, volvemos  a carga con dúas carreiras moi xuntas, a primeira o dia 29 de Setembro e a segunda o dia 5 e 6 de Outubro. A primeira e a carreira de Tui que non lle deu tempo o  organizador de  tramitar os permisos o requirir 90 dias para elo e a segunda e unha carreira en formato extrema en Carballiño, organizada polo Mesego Extrem.

Para a primeira podedes anotarvos coma sempre, enviando correo a liga se xa estades inscritos ou polo formulario de inscrición dos xa inscritos ou se non estades inscritos incluíndovos no rexistro da Liga. Cando nos pase o organizador a informacion subiremola nun post novo.

Para a segunda carreira, soamente hai 80 prazas e pódese competir en parellas ou individual. O facer a inscrición se facedes en parella tedes que indicar en observacións con quen ides de parella, nesta carreira os dorsais adxudicase polo orden de inscrición, no caos de que alguén inscrito non faga o pago antes do dia 28 de setembro quedara sen a praza, e pasaran os da lista de espera.
Esta carreira non puntúa para a Liga, o non poder dar cabida a todos os pilotos que corren nela.
Podedes descargar o regulamento particular dende eiqui.


viernes, 9 de agosto de 2013

Tui de novo

Xa estamos a traballar para a próxima carreira da Liga en Tui, a que se suspendeu no mes de Marzo por haber excedido o prazo da solicitude de Montes.

Debedes saber que a Liga traballa sempre para ter todos os permisos en regra en non ter ningún incidente coas autoridades competentes, ademais de dispoñer sempre nas súas carreiras das ambulancias correspondentes, así coma de un medico de carreira, e os seguros que cubran a proba un de Responsabilidade Civil, e o outro de accidentes que pagades vos.

Xa temos abertas as inscricións da carreira posto que non vamos facer outra carreira antes de esta, así que iremos xa dando acollida as solicitudes de participación neste próximo evento noso.

Noutro orden de cousas seguimos a traballar para facer a Liga mais grande e o mellor firmamos algún acordo de colaboración cun patrocinador grande, disto teredes cumprida información en canto se materialice o tema.

Segue habendo persecución os pilotos que correron algunha carreira nosa e os directivos de motoclubs que participaron nelas, non entendemos como sancionan ademais a un moto club que non tivo nada que ver coa carreira que se disputou no seu terreo, como e o caso do MC A Peroxa, posto que eles están pola liña oficialista da federación nos para realización da proba contamos co apoio do concello e do grupo de BTT A Peroxa, ala eles.

viernes, 5 de julio de 2013

Tempos Meda

Barallamos a posibilidade de adiantar a saida media hora posto que o ser poucos pilotos se verificamos antes das 10 da maña, dariamos a saida antes.

    Local: Colexio dos milagres
  • 8:00h a las 10:00h – Verificacións administrativas e técnicas.
  • 10:15h – Publicación da Lista de Participantes. Charla Tecnica
  • 10:30h – Saída do 1º participante.
  • 13:42h – Hora prevista de remate do 1º participante.
  • 15:00h – Entrega de Premios.